Soe ser unha convención máis o menos aceptada por todos que España constitúe a día de hoxe un dos países máis seguros do mundo: os niveis de criminalidade mantéñense nuns guarismos sorprendentemente baixos, un pode pasear tranquilo polas rúas e os cidadáns consideran as súas propiedades razoablemente seguras. As grandes algaradas e quebrantos da lei soen estar restrinxidos ao ámbito político con linchamientos contra os representantes do Estado como o perpetrado por unha xauría de etarras en Alsasua ou espectáculos nacionalistas violentos como o dos independentistas da CUP en Manresa. Pero non sabemos se por incompetencia, por ineptitude, por olvido ou por pasotismo Camariñas vese asolada dun tempo a esta parte por unha oleada de criminalidade sen precedentes con episodios tan indicativos como o que tiña lugar na madrugada deste 15 de decembro co asalto perpetrado contra o Café Bar Arnela e o Bar do Casino. Xa os precedentes indicaban que algo non ía ben: o Bodegón O Percebe era víctima de ata dous roubos en tres semanas e hai menos de sete días o Arnela sufría outro intento de roubo. Nestas estábamos cando nunha das principais arterias viais da capital municipal dous dos seus locais máis emblemáticos  eran asaltados pouco menos que a cara descuberta. Porque alertados polo estrépito dos métodos un tanto rudimentarios empregados polos ladróns (romper o cristal e para dentro) dous veciños dunha das casas situadas frente do Arnela saíron á ventana e empezaron a dar voces contra os asaltantes por ver de disuadilos dos seus fins. A resposta non poido ser máis indicativa: sin inmutarse un instante e cun sorriso nos labios invitaban a estes veciños de Camariñas a baixar xunto a eles. Dous, un deles de moi baixa estatura, entraban ao Arnela e outros dous esperaban nun coche. Algo parecido sucedía no Bar do Casino, asaltado tamén na mesma noite de autos, co engadido de que segundo se comentaba hoxe pola rúa un veciño do inmueble escuitou falar nun idioma estranxeiro.

Ante esta oleada de criminalidade sen precedentes e ante o olvido no que o Estado e os seus representantes deixaron sumida a Camariñas, esta redacción está en situación de confirmar de que enterado na cidade de Coruña, onde se atopaba na mañán do día de hoxe, destes dous novos roubos o Alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso de León ía inmediatamente a pedir unha reunión de urxencia co Subdelegado do Goberno para obter reforzos para o posto da Guardia Civil e ver de revertir a situación dun pobo, todo un concello, abandoado a súa sorte. Vese que estos esforzados autónomos, Gelinita e Juan, Susa e Pedro, obrigados a traballar duro para sobrevivir día a día, exprimidos a pagar os impostos máis altos de Europa, agora tamén terán que empezar a pensar en defender as súas propiedades. Soía haber hai moitos anos, nos bares de carretera de España, colgado da parede un descomunal garrote acompañado da lenda "Si no pagas, me descuelgo". Igual agora habería que ir pensando en cambiar o primeiro apóstrofe da frase polo de "si entras aquí a roubar..." Porque están sós. Abandoados frente ao crime.

Comentarios   

Antonio Puertas
+4 # Roubos no noso pobo.Antonio Puertas 16/12/2016 22:19
É lamentable que estas cousas estean a pasar na nosa terra, cando non fai moito tempo podías deixar as portas da túa casa abertas de par en par, e a ninguén se lle ocorría entrar a roubar, a non ser a aqueles “ catro “ de sempre, que todos coñecían.
A autoridade gozaba dun respecto e unha consideración popular gañado a pulso, e podían actuar eficazmente e con contundencia en contra o amigo do alleo, sen que por iso estivesen en xogo os dereitos de ninguén.
Hoxe en día, meten na cadea a un delincuente, e antes de que remates de contalo conto, xa anda de novo polas rúas na procura de cal vai ser a seguinte falcatruada. E, iso, desanima a calquera, aínda que sexa ó mais celoso defensor do orde.
A Xustiza e lenta, e o delincuente, moi lixeiro e arroutado pa cometelos delitos, porque é sabedor de que pe coxea o Sistema. Unha Xustiza que se perde en medio de papeis e de feixes de casos sen resolver, non é Xustiza; é desorde e caos.
Vinte e tantos “números “ había no noso pobo cando eu era neno, en tempos de fame e de desquites políticos por causa dunha recente guerra entre irmáns. Tempos difíciles coma ningúns, mais a xente de ben, podía estar tranquila, pois a Lei imperaba sobre a maldade, pese as moitas lagoas e moitos fallos do sistema, coma, a causa da pobreza, había entón.
Un saúdo, amigos
Responder | Denunciar ante o administrador