1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Volveu a golpear a desgracia en Camariñas. Na tarde deste martes 7 de xullo de 2015 deixaba este mundo Dona Fredesminda Orosa Lema Martínez aos seus 86 anos de idade. Era esta querida veciña da Estrada do Vilán máis coñecida pola xente máis maior de Camariñas como a viúva de Chuco do Parranda aínda que os non tan maiores coñecíamola por ser a avóa dos nosos amigos Roberto e o tráxicamente falecido fai uns anos Miguel o Venezolano. Os restos mortais de Dona Fredesminda están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial de Camariñas ás 20:30 horas onde está previsto se celebre funeral de corpo presente ás 20:45 horas deste mércores 8 de xullo. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Dona Fredesminda Orosa Lema Martínez. Descanse en Paz eternamente xunto ao seu querido neto.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.