1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Ahí o 23 de xuño vai arder Area da Vila polos catro costados. Anúnciase o prendemento da maior fogueira de toda Galicia. Nin máis nin menos, os camariñáns somos así: cando se nos mete algo nos miolos sacámolo adiante sen maiores problemas. ¿Qué a maior lumarea de toda a comunidade autónoma? Pois toma lume. Os responsables do novo récord do Libro Guiness serán os membros da Asociación Lumarea da Vila, que comandados polo flamante concelleiro socialista por Buría, José Manuel Canosa Campaña, veñen de confeccionar un ano máis un acabado e completo programa festivo para a data en cuestión que ademáis de incluir hinchables, unha exhibición da Escola Municipal de Baile, unha opípara e suculenta sardiñada e a mellor música verbenera, conta como guinda do pastel ca que será a maior torre calorífica de toda Galicia. Empezou na súa orixe a cousa pouco a pouco e ahí en tempo récord xa andamos batimos marcas. Si un o pensa ben, tal vez todo veña de unir en vez de separar: ahí onde había trinta fogueiras que nin para acender un pitillo servían, agora contamos cun volcán. Na unión está a forza, si xa o decían os vellos...

 

Engadir un comentario