O luns 18 de Maio é o día elixido, por fin chega o momento que tanto levamos esperando. Ímonos de excursión ás Rías Baixas, concretamente ao Grove, quedarémonos ata o mércores 20 de Maio facendo un montón de actividades na natureza, como por exemplo ir dar unha volta pola ría nun catamarán.

Os alumnos e mestres do colexio queremos dar as grazas a toda a xente que colaborou con nós nas actividades que fixemos durante o curso para recaudar os cartos necesarios para realizar esta excursión. Tanto comprando bólas de nadal, como na compra das rifas para o lote de Conservas Boya e na compra das rifas nas que se sorteaba unha tablet (Por certo o gañador desta todavía non apareceu, recordamos que o gañador foi o número 031).

Cremos que temos moi merecida esta excursión pois levamos un mes de maio con moitos exames pero tamén facendo moitas outras actividades como foi o agasallo da Nai, mirade que bonita nos quedou a decoración dos tarros que lles regalamos ás nosas Nais:

Outra actividade moi interesante foi a visita este pasado mércores do gran escritor lucense Xavier P. Docampo, autor do libro "O Misterio das Badaladas", que nos deu unha charla moi entretida e divertida.

PERO SEN DÚBIDA NINGUNHA A ACTIVIDADE DA SEMANA FOI A CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS, CADA UN DOS GRUPOS DE PRIMARIA FIXEMOS UN DEBUXO RELACIONADO COA OBRA DE FIGUEIRA VALVERDE. NÓS O GRUPODE SEXTO FIXEMOS A OBRA "MULLER CON FRORES".

 6º Primaria


 

Engadir un comentario