1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Grupo Soil en colaboración co Concello de Camariñas desenvolverá o 12 de maio a campaña “Recicla con Grupo Soil”nos colexios de primaria de Camariñas ás 10h e de Ponte do Porto ás 12:10h.

Máis de 40 alumnos e alumnas participarán nestas xornadas para solucionar dúbidas e coñecer os beneficios ambientais, sociais e económicos dunha correcta separación dos distintos residuos así como o fomento da estratexia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Un técnico de educación ambiental do Grupo Soil (empresa encargada da recollida selectiva de envases lixeiros e papel que se están levando a cabo no Concello de Camariñas) explicará ós rapaces dun xeito dinámico e moi participativo as principais vantaxes dunha correcta separación de tódolos residuos e o uso correcto de tódolos contedores. Adicionalmente resolverá as principais dúbidas e errores que os cidadáns cometen ó separar os distintos residuos mediante xogos interactivos con eles.

Tamén se introduce ós rapaces en conceptos máis actuais da xestión de residuos como pode ser un correcto uso dos puntos limpos así como elaborar correctamente compost para reducir os residuos depositados no contedor verde.

FOTO: Axencia de Desenvolvento Local de Camariñas

Engadir un comentario