1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
E outra ano máis chegou a festa que honra ao patrón de Camariñas. E chegou desta vez cun tempo primaveral que encheu Buría ata os topes de xentes ledas e coa visita tan inesperada como electoralista da  Delegada Territorial da Xunta de Galicia. EStreouse nestes menesteres unha tal chamada, segundo contan, Belén Do Campo, a cal pasaría totalmente inadvertida entre toda a muchedumbre que abarrotaba o atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo de non ser pola ridícula presencia dunha patrulla de mequetrefes autóctonos sen oficio nen beneficio que rebolotearon ao seu redor. Tarea penosa a que se lle está a facer pasar a estes mandados dende a dirección provincial do PP da Coruña para tentar evitar o colapso total e máis que seguro afundimento definitivo do seu partido na vila de Camariñas. Estas vindeiras eleccións municipais virían a supor, de ser certas as previsións que manexan altas instancias populares, unha verdadeira debacle con consecuencias fatales para un PP totalmente fracturado, especialmente dende as últimas e incomprensibles decisións tomadas dende esta desquiciada dirección provincial, que cedeu aos chantaxes favorecendo a un bando desertor que tentou publicamente organizar un partido independente e cachalote, decisión que sorprendentemente castigou a tódolos concelleiros electos polo pobo soberano nas derradeiras eleccións municipais.

Centrándonos no verdadeiramente importante, compre destacar a gran afluencia de xentes de toda a vila á misa en honor ao noso Patrón San Xurxo. Misa oficiada coma sempre pola maestría do querido Páter Don Jesús. Despois chegaría o turno da procesión que reunío a habitual muchedumbre de fieis para darlle ás imaxes do San Xurxo, San Roque e San Antonio as pertinentes voltas ao templo sagrado camariñán. Acto seguido procedeuse ao lanzamento dunha atronadora traca de fogos de artificio que foi o pistoletazo de saída para as diferentes actuacións musicais que culminaron cun bonito baile vermout baixo o precioso día primaveral. E así rematou para a redacción de Camarinas.eu este día en que honramos ao noso patrón San Xurxo. A festa continuará este venres, sábado e incluso o domingo, día no que se dará por finalizada o San Xurxo 2015 no que a unha tal Belén do Campo se lle encomendou a penosa tarefa de tentar salvar da queima a un moribundo partido de sombras coas horas contadas neste concello.

Engadir un comentario