Estes días o xurado de La Voz de Galicia confirmou o que todos esperábamos, que o relato de Ainhoa Rego era o gañador do concurso de Microrelatos de La Voz de Galicia. Como gañadora do concurso, no día de onte dedicáronlle unha páxina completa do xornal a ela, ós seus compañeiros de clase e ao seu relato. E ademáis recibiu un lote de diccionarios e enciclopedias como premio.

No enlace que acompaña, podedes ver o reportaxe dixital que lle dedicaron: PULSA PARA VER A REPORTAXE NA VOZ. Na nosa clases estamos moi contentos có premio de Ainhoa, e todos e en especial ela, queríamos agradecer a toda a xente que a votou en Facebook. Para elo aquí vos presentamos un vídeo no que a nosa compañeira Vanina lle fai unha entrevista á gran protagonista, Ainhoa. De novo moitas gracias a todos/as, polo apoio!!

Esta semana, tamén a tivemos moi ocupada pois os alumnos/as de 5º e 6º fomos a replantar un monte queimado cerca de Xaviña. Para elo estivemos acompañados dos forestais da zona que ademáis de aportarnos as cerdeiras para plantar, ensináronnos a forma de facelo para que prendesen ben.

                                                                                                                                       Periodistas: Marta Antelo e Vanina Tajes 

Engadir un comentario