1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dende a clase de 6º de Primaria queremos agradecervos a todos os camariñáns que votástedes a Ainhoa no Facebook. A semana pasada cada alumno/a da nosa clase elaborou un pequeno conto a partir dunha noticia de La Voz de Galicia. Entre todos eles eliximos seis relatos e presentámolos a un concurso de Microrelatos de La Voz de Galicia.

 

Dende entonces e ata a mañá de hoxe os relatos de nenos de toda Galicia estiveron colgados na páxina de Prensa Escuela en facebook, para que puidesen ser leídos e votados.

De 178 relatos presentados en toda a Comunidade Galega, por alumnos de 5-6º de primaria,  1º,2º,3º,4º de ESO e 1º-2º de Bachillerato, o relato máis votado foi o da nosa Compañeira Ainhoa Rego Pasantes. Con 229 votos.

Según as bases deste concurso, serán agora os especialistas do Xornal o que elixan o gañador definitivo do concurso entre os tres relatos máis votados. Esperemos que consideren que o da nosa compañeira ten a calidade suficiente.

Por iso, Ainhoa, e en xeral toda a nosa clase queremos agradecervos ao pobo de Camariñas o voso apoio. Gracias!!

https://premium.easypromosapp.com/entries/30834/sort:votes/direction:desc

 

Engadir un comentario