1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este pasado xoves celebrouse no colexio a Carreira Solidaria "Save The children", na que participamos todos os alumnos/as de infantil e primaria do CEIP O Areal. Esta carreira debía haberse celebrado o día 30 de Xaneiro coincidindo có día da paz, pero tivo que aplazarse debido ao mal tempo. Unha vez que rematamos o recreo, ás 12:30 xuntámonos todos os alumnos de infantil e de primaria no patio e cantamos unha canción relacionada coa paz.  Despois dispuxémonos xa para a carreira, os primeiros en correr foron os nenos/as de infantil que deron unha volta ao patio do colexio, algúns acompañados polas súas mestras. Unha vez que remataron, tocounos aos de primaria, comezando polos máis pequenos. Primeiro correron os alumnos de 1ºA e 1ºB, a continuación os de 2º e 3º, máis tarde os de 4º, 5º A e 5º B, e por último disputamos a carreira nós, os alumnos de 6º. Pasámolo xenial na carreira, e inda que nos dixeron que era solidaria e que o importante non era o resultado, todos nos esforzamos moito para quedar ben clasificados.

CONCURSO DE MICRORELATOS "LA VOZ DE GALICIA"

Queremos recordarvos tamén que estamos a participar nun concurso de Relatos, no cal a nosa Compañeira Ainhoa Rego, está nestes momentos primeira, pero necesita máis apoios para lograr a victoria final. Se queredes axudar a que gañemos só tedes que pinchar no seguinte enlace e votar (Tedes que estar conectados no facebook):

https://premium.easypromosapp.com/voteme/30834/619975983

Moitas gracias a todos.

                                                                                                                                                                                                                                                                  Periodista: Yaiza Martínez Novegil

Engadir un comentario