1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O pasado venres 13 de Febreiro celebrouse o entroido no colexio. Ao final desta noticia poderedes ver unha presentación de como íamos disfrazados. Durante as tres primeiras horas houbo clase normal, inda que algúns grupos fixemos actividades relacionadas có entroido ou incluso có San Valentín (Nós os alumnos de 6º de primaria fixemos postais de amor nas que dixemos cousas bonitas aos nosos compañeiros).

Ás doce da mañá baixamos ao recreo coma sempre e ás 12:30 subimos ás clases onde estivemos comendo lambetadas típicas do entroido como filloas, orellas, rosquillas e buñuelos. E tamén fresas pois esta semana celebrouse a semana da froita no colexio.

Unha vez nos alimentamos ben, comezamos a prepararnos para o desfile de entroido. No noso caso (os alumnos de 6º) tamén tivemos que preparar un posto de venta tradicional ecolóxica no pabillón.

E xa á 13:00 horas baixamos todos os grupos de infantil e primaria ao pabillón a desfilar. Todas as clases ían de diferentes disfraces pero relacionados todos coa "Horta ecolóxica", tema que estamos a traballar durante este curso no Programa Voz Natura.

Os disfraces foron os seguintes: Infantil 3 anos (Cenorias), infantil 4 anos (Fresas), Infantil 5 anos (Mazás), 1º (Xardineros), 2º (Follas de árbores), 3º (Campesiños), 4º (Espantallos), 5º (Cociñeiros e vendedores), 6º (Vendedores dun mercado tradicional).

Todos os grupos fixemos un desfile pola pista do pabillón e ao final os cursos de primaria viñeron a comprar ao mercado que tíñamos posto os de 6º.

Pasámolo xenial!!

Pulsade no enlace de abaixo e veredes o guapos que íamos e o ben que o pasamos.

Periodista: Laura Alonso Canosa

Engadir un comentario