1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Despois de toda unha vida labrándose un prometedor futuro xunto á súa familia no distrito neoyorkino de Brooklin o soño de Manuel Rego García, máis coñecido en Camariñas como "O Magdaleno", era voltar á súa terra despois de 60 anos de duro traballo e finalizar aquí os seus días, na vila que o víu nacer hai 87 anos. E así foi. Este martes 24 de febreiro de 2015 coñecíamos a triste noticia de que o Señor Manolo deixaba este mundo no hospital comarcal A Xunqueira de Cee onde levaba xa unhas semanas ingresado por mor dunha enfermidade que ao final levouse a vida de Don Manuel. O corpo sen vida do Magdaleno está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. Está previsto que o funeral en corpo presente de Don Manolo se celebre este mércores 25 de febreiro ás 18:00 horas. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de "O Magdaleno". Descanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.