O Concello de Camariñas ven de por en marcha uns cursos de cultura emprendedora para nenos que serán gratuítos previa inscrición. Desenvolveranse os sábados de marzo ata xuño e tódolos días das dúas primeiras semanas de xullo. Xogos, dinámicas de grupos e actividades participativas serán as actividades programadas co obxectivo de sensibilizar e fomentar os valores relacionados coa cultura emprendedora no alumnado de entre 10-12 años e onde trataranse as fases para emprender, creación de ideas, planificación, avaliar e coordinar. Traballando transversalmente a cooperación, a comunicación e a resolución de conflitos. Máis información: axencia de desenvolvemento local de Camariñas. 981737004 - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Engadir un comentario