1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este martes 11 de febreiro de 2015 falecía no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee ás 17:00 horas o veciño de Buría Don Antonio López Martínez aos seus 70 anos de idade despois dunha loita contra unha enfermidade que ao final levouse por diante a vida de Don Antonio. O corpo sen vida do coñecido veciño de Buría está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo. O funeral de corpo presente está prevista que se celebre ás 15:45 horas na Igrexa Parroquial de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Antonio López Martínez. Descanse en Paz.

Engadir un comentario