Na tarde noite deste desapacible mércores 28 de xaneiro de 2015 a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona Rosa Castiñeira Pereira aos seus 91 anos de idade. Dona Rosa, muller afable e sempre con un sorriso na cara para todo o mundo, residía dende hai uns anos na casa dunha das súas fillas onde tristemente faleceu. O corpo sen vida da nosa querida veciña está sendo velado no "Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas" dende onde sairá este venres 30 de xaneiro ás 15:40 horas cara á Igrexa Parroquial de Camariñas para proceder a celebrarse o seu funeral en corpo presente. Acto seguido procederase a realizar o sepelio de Dona Rosa no Cemiterio Municipal de Camariñas. Vaia dende esta redaacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Dona Rosa Castiñeira Pereira. Descanse en Paz.

Engadir un comentario