1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Do 1 ao 14 desenvolverase esta campaña que pretende impulsar o consumo interno e desenvolver actividades de promoción conxunta entre os comercios que desexen adherirse á rede de Camariñas. Esta campaña está coordinada por un comité composto polos comercios LadyXul, O escaparate e Kerubín de Camariñas que se encargan das tarefas de organización e desenvolvemento da campaña.

- Dende o 1 de febreiro ata o 14, nos establecementos participantes a clientela recibirá polas súas compras unhas papeletas de rifas na que o premiado/a poderá degustar unha cea para dous persoas nun restaurante de Camariñas.
- O 14 de febreiro a clientela que merque nos comercios participantes recibiran un pequeño agasallo coa súa compra.
- No perfil de facebook Merca en Camariñas poden participar as persoas que o desexen subindo mensaxes, imaxes e videos para os seus namorados ou namoradas. No muro deste perfil da rede expoñerase todas as mensaxes de amor que sexan respectuosos e aos dous mensaxes que mais me gusta obteñan, recibiran unha bolsa de agasallo o mar todo rechea de unha camiseta, unha publicación sobre Camariñas e un lote das exquisitas conservas Cerdeirmar de Camariñas.

Os comercios participantes son:


Artesanía en postre Silvina Muñoz
Comercial Dieguez Camariñas
Comercial Dieguez Ponte do Porto
Complementos Anxeles
Chuchelandy
Diego Alonso Fotógrafo
Expert Ameal
Juana'sport
Kbelos Peluquería
Kerubín
Ladyxull
OEscaparate
Pastelería Perla
Tanzana Chano
Xoiería A Caramiña

Engadir un comentario