Fin de semana tráxico o que estamos a vivir en Camariñas nunhas datas tan sinaladas. Este sábado 20 de nadal de 2014 volvíamos a ser testigos da morte de tres queridos veciños do concello. Dona Aurora Mouzo Miranda (veciña de Camariñas) falecía aos seus 92 anos de idade. Don Francisco Lema Barreiro (veciño de Xaviña) deixaba este mundo aos 67 anos de idade. Finalmente na noite deste sábado recibíamos a triste noticia do pasamento do coñecido veciño da vila das palilleiras Don Antonio Pasantes Lista a idade de 92 anos. Os corpos sen vida de Dona Aurora e Don Francisco están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, sendo o funeral de corpo presente de Dona Aurora ás 16:00 horas (Igrexa de San Xurxo de Camariñas) e o de Don Francisco ás 17:00 (Igrexa de Santa María de Xaviña). Don Antonio Pasantes Lista está sendo velado na Casa de Pedra de Camariñas dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:45 horas para ser celebrado o seu sepelio. Dende a redacción desta web queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Aurora, Don Francisco e Don Antonio. Descansen en Paz.

Comentarios   

Beldoña
+1 # RE: Aurora Mouzo Miranda - Francisco Lema Barreiro - Antonio Pasantes Lista Descansen en PazBeldoña 22/12/2014 14:00
DESCANSEN EN PAZ, TODOS ELES.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador