1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dende o Concello de Camariñas veñen de por en marcha unha batería de iniciativas para promover o comercio local sen precedentes. Entre éstas cabe destacar a "Busca do Tesouro" que se realizará este próximo sábado 13 de decembro no Mercado de Camariñas así como tamén nos comercios adheridos a este programa. Unha actividade que terá como premio un total de 200 euros ao que atope o cofre do tesouro. Eso si, os 200 euros serán entregados en 8 vales de 25 euros cada un que poderán ser usados en cada un dos establecementos integrados a esta campaña. Ademáis, as rúas da Praza Maior e da Praza do Mercado foron acicaladas dunha forma caseque postmoderna para estas campañas comerciais que esperemos sexan fructiferas para todos os establecementos.

 Camariñas prepárase para a "Busca do tesouro"


O día 13 de decembro no Mercado de Camariñas, dende ás 10:00 ás 13:00 horas e das 16:00 ás  20:00 haberá unha caixa do tesouro cun cadeado que se abre cunha combinación numérica de tres díxitos. Cando o participante teña reunidos os tres díxitos tentará abrir o cofre do tesouro.

Pero, que contén este cofre? Un suculento premio consistente en: 200 € en vales de compra para realizar no Mercado de Camariñas e nos comercios adheridos o programa de incentivación al consumo local "Merca no teu concello, merca en Camariñas" dende o 14 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2015. Os bonos repártense en 8 vales de 25 €. Por comercio poderá gastar un mínimo de 25 € e un máximo de 50 €. O gasto de compra non poderá ser inferior o valor do vale. Queres conseguilo? Le atentamente as bases e vaite preparando. Moita sorte!

BASES DO CONCURSO


- A persoa interesada en participar no concurso deberá inscribirse cando realice a primeira compra, cubrindo os datos da ficha que lle proporcionará o comercio e enviando un whatsapp ao numero de teléfono indicado na tarxeta coa mensaxe: QUERO PARTICIPAR NA BUSCA DO TESOURO xunto co seu nome, apelidos, DNI e a tenda na que se inscribiu. Estes datos comprobaranse antes de que o participante tente abrir o tesouro.

- Os menores de 18 anos non poden participar no concurso.

- Para gañar o premio o participante deberá conseguir os tres díxitos da clave do cadeado, respondendo a unha serie de preguntas que se lles entregarán nos establecementos participantes ao realizar unha compra mínima de 10 €. Estes sobres circularán polos locais comerciais de camariñas os días 29 de novembro, 6 e 13 de decembro, e para poder optar ao premio é necesario facer un mínimo de tres compras en comercios diferentes. 

- Cada sobre conten unha tarxeta cunha pregunta relacionada coa cultura ou a historia de Camariñas. O participante deberá anotar na tarxeta o seu nº de D.N.I. e o nome do comercio. A tarxeta ten que gardala para ser presentada a hora de abrir o tesouro. Cando atope a resposta enviará unha mensaxe por  Whatsapp ao número de teléfono facilitado na tarxeta.

- Na mensaxe de resposta escribirá a palabra TESOURO seguida do número  1, 2 ou 3, que corresponde ao número de díxito que lle falte, e despois a resposta. Exemplo: TESOURO1:Camariñas.  Se a resposta é correcta, enviaráselle un número para abrir o cofre do tesouro.

- Unha vez obtidos os tres números, segundo o día e hora do envío da terceira resposta, remitiráselle un numero de orde e hora de intento de apertura do cofre. A orde de preferencia pérdese senón esta a hora indicada, tendo que esperar unha hora.

- Para abrir o cofre o día 13 de decembro irá probando a combinación que crea oportuna, sendo posibles 9 combinacións de números diferentes. O día de acceso o tesouro por orde de preferencia dende a hora de apertura, poderá probar a combinación, previamente fará entrega dunha das tarxetas coas preguntas e poderá inxerir a primeira combinación, anotándose no anverso da tarxeta, senón é correcta terá que pasar 1 hora para seguir probando outra numeración. Si aos tres intentos non dou aberto o tesouro para poder seguir participando deberá realizar unha nova compra para probar a abrir o cofre do tesouro, ou xa ter realizado outras compras.

- 15 minutos antes do peche do Mercado de Camariñas se ninguén dou aberto o cofre, farase un sorteo con tódalas tarxetas das persoas que realizaron compras e estean a esa hora no lugar.

Engadir un comentario