Semana tráxica a acontecida no Concello de Camariñas. Este noite do luns 15 de setembro de 2014 recibíamos conmocionados a triste noticia do falecemento no seu domicilio da cidade de A Coruña do noso querido amigo Manuel Jesús Barcia María, máis coñecido en Camariñas como Manolo de Fermín aos seus 50 anos de idade. Persoa afable e querida en todo o noso concello, Manolo estaba casado coa nosa querida amiga Amelia coa cal tiña unha filla en común, Tamara. Noso Manolo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá cara á Igrexa Parroquial de San Xurxo este mércores 17 de setembro pouco antes das 17:00 horas onde será celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a todos os amigos e familia do noso querido Manolo así como tamén dar todo o noso apoio á súa dona Amelia e a súa filla Tamara nestes durísimos momentos que están a atravesar. Manolo de Fermín, Descanse en Paz querido amigo.

Comentarios   

abel barcia vazquez
+2 # descasa primoabel barcia vazquez 16/09/2014 10:09
querido primo te echare mucho de menos se va una gran persona y no lo digo porque se a ido lo se porque es mi familia era un gran hombre familiar y muy querido por la familia manolo nos as dejado para estar con mi tio descansa en paz primo esto no sera lo mismo sin ti se me va otra parte de mi no tenemos suerte nos vemos alli primo ahora descansa y se feliz que estaras en mi memoria asta que me vaya.
Responder | Denunciar ante o administrador
MADRILEÑO
0 # RE: Manuel Jesús Barcia María, Descanse en PazMADRILEÑO 16/09/2014 11:54
Descansa en paz meu amigo, dende nenos andivemos xuntos ata que a vida nos separou cada un pola súa banda, quedan recordos inesquencives da nosa amistade. Hoxe é un triste día pra nosa familia que Deus che acolla no seu seo e te recompense ca groria eteran Manolo.
Responder | Denunciar ante o administrador