Derradeiro fin de semana de agosto e Festa de San Ramón ao canto. Decidíose este ano organizar unha festividade un pouco máis escueta en canto ao seu programa e así estará conformada por dúas sesións vermú e unha única verbena nocturna, porque igual xa ás mentadas latitudes veraniegas crepusculares de fins de agosto o frío xélido se apodera das noites. Así, o primeiro día programado, o sábado 30, contará cunha sesión vermouth amenizada polo Grupo, que non orquesta, Alvein, o cal repetirá pola noite xunto a, esta sí, Orquesta Marazul. Ao día seguinte, o domingo que finiquitará un agosto non demasiado benéfico climatolóxicamente nas Rías Altas (que non así nas Baixas) a Charanga O Santiaguiño levará a música polas rúas de Camariñas para pasar a mellor vida o San Ramón 2014 cunha sesión vermouth a cargo do Grupo, que non orquesta, Nuves. Despois xa haberá que ir quentando motores para A Barca de Muxía, que promete ser outra historia.

Engadir un comentario