1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xa está aquí, xa chegou. A festa do Carmen de Camariñas 2014 está á volta da esquina. A grande. A única e universal celebración máis importante para tódolos camariñáns quenta motores e á falta de menos de un mes para celebrarse a Festa Grande de Camariñas presentamos aquí en Camarinas.eu, en rigurosa exclusiva, o cartel (que contou outro ano máis coa colaboración no seu deseño de Diego Alonso Freire) dunha  das festas máis importantes do calendario estival da Costa da Morte. Unha celebración, a do Carmen de Camariñas, que si ben este ano reduce os seus días, non fai o mesmo ca calidade das súas orquestas e actividades. Así o mércores 16 de xullo, día grande da patroa de Camariñas voltaremos a ver aos arqueiros da mítica Danza de Arcos bailar ao son da tradicional música que todos os camariñáns teñen rondando na súa mente nestas datas cercanas ao Carmen. Orquestas de primeiro nivel, fogos de artificio espectaculares coma en ningunha outra vila da Costa da Morte, sardiñadas gratuitas a reventar, charangas por doquier, grandes e espectaculares orquestras, a mellor procesión marítima de todo o litoral galaico... pero o máis importante: devoción, emoción e ledicia ao ver a nosa Virxen do Carmen descender O Areal acompañado pola nosa Danza de Arcos. Camariñáns, ¡¡¡O CARMEN XA ESTÁ AQUÍ!!!

Comentarios   

Nosa virxen do Carme
+7 # RE: Exclusiva! Cartel da Festa do Carmen de Camariñas 2014Nosa virxen do Carme 22/06/2014 20:54
Felicitar a Diego Alonso polo bo gusto ,coñecemento ,vistosidade de cores que tivo na elaboración do cartel das grandes festas do a virxe do Carmen,un día inesquecible nesta terra de mariñieros onde todos honrárana cun a procesión vistosa por a ria de Camariñas e logo xa de noite en algo mais pagano cunhas festas que serán as delicias de todos
Responder | Denunciar ante o administrador