1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pois ao final resulta que non se obrou a milagre e o tan ansiado héroe camariñán que tiña que aparecer para recaudar os tan necesitados francos suizos nas terras helvéticas non apareceu. Deste xeito a comisión de festas do Carmen de Camariñas vese na obriga de publicar o número de conta da Asociación Cívica Virxen do Carmen para que sexan os propios veciños de Camariñas residentes en Suiza os que voluntariamente fagan o seu donativo a traves dunha transferencia bancaria. Nesta terán que indicar o seu nome completo ou apodo. Coma sempre, estes donativos serán recopilados nunha lista que se fará pública nun dos días da nosa festa dende o palco das orquestras por un representante da comisión. Así mesmo, dende camarinas.eu queremos presentar o cartel do 3º Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas que se celebrará uns días antes da celebración do Carmen 2014 e que levará a moitos veciños da vila dos encaixes a vestirse de época e desfrutar cos xogos malabares e demáis presuntas actividades do medievo. Este mercado, camiño de convertirse nun clásico da nosa festa, terá lugar no fin de semana do 11 ao 13 de xullo e que será o preludio da gran festa do carmen 2014 que xa está aquí, á volta da esquina. Viva o carme!!

Número de Conta:
Asociación Cívica Virxen do Carmen
0081-2140-11-0006060122

Comentarios   

mala nova
+3 # RE: Cartel do Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas 2014mala nova 14/06/2014 15:12
é unha pena que non se conseguiu un bo colaborador para as festas do Carmen,no fondo xa debía de existir unha conta nos bancos para ir conseguindo o diñeiro
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.