Mañán movida en Camariñas onde os sobresaltos de carácter médico sucedéronse sen solución de continuidade. En efecto, entre os primeiros raios de sol que pugnaban por abrirse paso a regañadentes entre o ceo maiormente encapotado deste martes 10 de xuño de 2014, os servicios médicos tiveron que facer dúas intervencións na Vila das Palilleiras. Unha delas tiña como protagonista ao tripulante dun iate atracado na rada camariñana o cal era víctima dun infarto de miocardo que obrigaba a aterrizar no Muelle Novo da vila ao helicóptero de emerxencias para trasladalo de suma urxencia cara o centro médico. A outra incidencia afectaba a un veciño de Camariñas ao que tamén lle daba un infarto ao corazón sendo neste caso trasladado ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee na ambulancia medicalizada do servizo de emerxencias. Parece que o bo tempo ábrese paso con sobresaltos en Camariñas.

Comentarios   

RENQUEANDO
+4 # RE: Martes de incidentes médicos en CamariñasRENQUEANDO 12/06/2014 08:31
Agora vaise adiantando moito no tema dos infartos e a verdade e que temos un dos mellores hospitales do mundo na Coruña con uns medicos e ciruxans de primeira ,benvida sesa a sapiencia que nos salva as nosas vidas
Responder | Denunciar ante o administrador