1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Cara ás 7:30 da mañán deste mércores 19 de marzo de 2014, Día de San Xosé, acontecía unha nova incidencia nun ano pródigo en sucesos de todo tipo en Camariñas. Desta volta, sen embargo, non cabía achacar a causa do mesmo á climatoloxía senón  a unha avería mecánica. Ésta producíase na embarcación con base no porto de Camariñas Botines a cal tras que lle rompera a bomba de auga doce quedaba á deriva  a altura do Xamboi, xusto á entrada da Ría de Camariñas. Chamado de urxencia a lancha de Salvamento Marítimo Salvamar Altair, ésta desprazábase de inmediato ata o lugar onde ía á deriva o Botines e empezaba o remolcamento do mesmo cara o Porto de Camariñas, onde chegaba sen maiores consecuencias para comenzar xa de inmediato o arranxo da súa avería no motor. Pequeno susto polo tanto que non pasou a maiores gracias á rapida e profesional actuación da lancha de Salvamento Marítimo, cuia labor na alborada de hoxe pasamos a reproducir no seguinte vídeo.

Engadir un comentario