1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O estrano mércores 19 de marzo do Ano do Señor do 2014, Día de San José, rematou tal como escomenzara: cunha aparatosa incidencia que facía poñerse en alerta roxa aos servizos de seguridade e algareaba as mentes maliciososas da boa veciñanza camariñana. A que acontecía cando remataba o día tiña lugar pasadas as 23:30 horas da noite cando uns intrigados veciños vían pasar a toda mecha en dirección ao Cabo Vilán a unha amplia comitiva integrada por vehículos de Protección Civil, da Guardia Civil e o camión dos Bombeiros de Cee. Os máis curiosos no tardaron en seguir a pista da concurrida caravana ata preto da Piscifactoría onde foron freados en seco por un robusto cordón de seguridade que ocultaba algunha llama furtiva detrás. Foi entón cando unha conclusión evidente se fixo forte nos miolos camariñáns presentes: comandos de élite das tropas do Ministerio do Interior do Goberno da Federación Rusa (sen distintivos) ocuparan a Península do Vilán co obxectivo declarado de reintegrar a súa integridade territorial á Madre Patria. Sendo esto así entre os presentes douse xa por sentado o que sería o resultado do futuro referéndum ilegal a celebrar entre os habitantes empadroados no Faro Vilán, prófugos da Guerra Civil olvidados nas covas da Arnela incluidos. Ao oír falar de referéndum ilegal algúns non tardaron en botar o seu cuarto a espadas elucubrando que non, que se trataba de tropas paramilitares independentistas catalanas se ben estas tomaban as armas co pretexto da protección dos barcelonistas locais ante o vindeiro clásico  con vistas tamén todo elo a celebrar un referendo secesionista (e posterior integración do Faro no futuro Estado Catalán), a poder ser xa no 2014, senón pois xa independizarían o Vilán unilateralmente.

Sen embargo a plaiada camariñana non tardou en parir un terceiro grupúsculo, máis avispado que dúbida cabe, que descartou completamente a vía dos Paísos Catalás: aquí non habería consulta independentista posible porque non houbera (a semellanza do acontecido noutros territorios do Estado) un bombardeo diario de basura intelectual durante os trinta anos precedentes a través de douscentos canais públicos de radio e televisión, e así, claro, non se podía confiar tranquilo no signo do voto do electorado do Vilán, que vaian vostedes a saber por onde ía a saír. Nesto saltaron os máis prosaicos, que en Camariñas tamén os hai, sinalando que a pesares de que todos os indicios apuntaban a que no día de autos Camariñas estaba a sufrir un ataque combinado mar-terra de continxentes armados anfibios postsoviéticos e/ou de tertulianos catalano-independentistas cabía a posibilidade de que todo se debera a un cortocircuito no transformador que está alí ao carón mesmo da Piscifactoria de Stolt Sea Farm. Incluso serían os mesmos traballadores da planta acuícola os que deran a voz de alarma ao operativo nacional de salvamento que respondía raudo, equipado como debe de ser, e se desprazaba ipso facto ata o lugar dos sucesos, o que explicaría ademáis que se regasen os arredores para evitar que no monte raso colindante prendera algúnha chispa traicionera. Esa non, pero chispa, por outra parte, que sí parece que acabou prendendo nestos turbulentos días crepusculares foi a dos referéndums ilegais, os cales se nalgúns casos están dalgún xeito xustificados pola historia, noutros non parece que o estén en absoluto.

 

Engadir un comentario