Postos a vender un producto, neste caso unhas festas, nada mellor que dúas belezas camariñanas. Neso pensamos na redacción de Camarinas.eu para promocionar a festividade que dará o pistoletazo de saída a tempada de festas do 2014, retomando deste xeito un dos clásicos que fixeron famosa en tempos a esta redacción: a de aproveitar a beleza natural das mulleres da Vila das Palilleiras para dar a coñecer os tesouros dun concello sen igual. Desta volta son Maitiña Castro Carril e Belén Lista Pasantes as escollidas para empezar a quentar motores ca Virxe do Monte do 2014, a festividade máis camariñana, a única que da en celebrarse únicamente na nosa vila. De seguro que estas dúas fermosuras non deixarán pasar a  oportunidade de desfrutar ao máximo do programa da Semana Santa, que se complementa ademáis ca clásica celebración da Mostra do Encaixe, o maior certame encaixeiro a nivel mundial. E esto está cada vez máis preto, o mércores 16 arranca a XXIV edición da Mostra e o sábado 19 a Virxe do Monte ca Orquesta Ledicia e a Disco Móbil CDC. Cada vez queda menos para, un ano máis, empezar a pasalo ben.

Engadir un comentario