1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Case recén rematada a Virxe do Monte arranca a Festa de San Xurxo. Non hai descanso no calendario primaveral camariñán. As alturas da Vila das Palilleiras rendirán un ano máis homenaxe ao seu Santo Patrón nunha edición para a que a Comisión de Festas elaborou un programa minucioso e completo na mellor tradición de Buría. Todo elo arrancará o martes 22 de abril cun repique de campás e a tirada de 21 bombas de palenque. Para o mércores 23, Día Grande das Festas, Banda de Música, Grupo de Gaitas, sesión vermouth e verbena a cargo das Orquestras Cinema e Aché. Ademáis obviamente da tradicional procesión ao redor do Templo Parroquial e unha espectacular traca artillera. O xoves 24, Día de San Roque e San Antonio, serán Fania e Philadelphia as que se encarguen de amenizar os dancings camariñáns mentras que o venres 25, Xornada de homenaxe aos nosos sagrados emigrantes, Pontevedra e Ciclón levarán a boa música á Praza de San Xurxo. Todo elo para que o sábado 26 se poña o broche de ouro a un cartel espectacular ca homeaxe floral a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa no Lugar do Cotro e sesión vermouth e verbena eminentemente xuvenil a cargo de Mosaico e Factory Móvil. Catro días de completo calendario que farán que Buría, e por extensión toda Camariñas, sexan unha festa.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.