En canto a montes sagrados, a montañas máxicas, hai quen ten sorte e hai quen non a ten. Pensen vostedes na desdichada Armenia, agazapada entre alturas inmarcesibles no Cáucaso, co seu principal símbolo, aquel onde na orixe dos tempos foi a embarrancar Noé coa súa pintoresca tripulación, o Monte Ararat, enclavado en terra allea, a tiro de vista de Ereván, a capital armenia e constituindo aínda por enriba o principal pico do seu archiodiado veciño turco. ¿Cómo debe ser a vida diaria para un cidadán armenio corriente, patriota para máis inri, que todos os días se levanta e contempla, entre humillado e fatalmente resignado, ao principal símbolo do seu país, o bíblico monte sagrado, a un tiro de pedra duns poucos kilómetros de territorio turco? Felizmente, nada deso acontece en Camariñas e así a súa montaña máxica luce erguida e maxestuosa dentro do seu propio término municipal, un non ten máis que ir dando un bordeo polo Paseo de Señores, despois pola beira do mar, atravesar a Praia de Lago, encarar unha pequena subida entre as sombras dos pinos e atoparse na cima do monte sagrado ca coqueta capela á que cada ano nas sinaladas datas da Semana Santa toda unha vila acude en solemne procesión. No Ano do Noso Señor de 2014 foi a recaer nun luns 21 de abril cando durante tres horas ininterrumpidas as masas camariñanas tomaron o seu monte santo e alí, como tamén é tradición, non podía deixar de estar Camarinas.eu.

Engadir un comentario