Cando cara as 21:00 horas do domingo 11 de maio de 2014 a parroquia madridista abandoaba, cabizbaixa, o seu templo habitual en Camariñas despois de que o Real Madrid dera en tirar pola borda unha nova liga nun esperpento de partido, non podían nin imaxinar que o peor aínda estaba por chegar. Foi segundo os veciños da Rúa de O Areal na madrugada cando tiña lugar na Vila das Palilleiras un acto vandálico inxustificable que, a pouco máis, puido convertirse nunha traxedia. Acontecía cando un ou varios descoñecidos rociaban a fachada do Bar José Manuel con un líquido inflamable e acto seguido lle prendían lume. As consecuencias de tan incalificable e gravísimo suceso están á vista na foto de portada aínda que, como decimos, a cousa pudo ser moito máis grave xa que de chegar as lapas ao tellado da casa este incendio podería propagarse hacia ás vivendas contiguas. Según fontes policiais o suceso está sendo investigado en detalle para tratar de averiguar os autores deste gravísimo acto vandálico, aínda que o ensañamento e gratuidade da agresión non deberían levar cara un arco demasiado grande de sospeitosos. En todo caso, dende Camarinas.eu queremos dar todo o noso apoio a noso amigo José Manuel Tajes e a toda a súa familia, víctimas dun atentado inxustificable. Ánimo amigos.

Engadir un comentario