1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Apocalípticas imaxes as que se podían ver en Camariñas nas primeiras horas deste venres 16 de maio de 2014. Imaxes dun espeluznante lume botándose enriba das casas, queimando a masa arbolada da así chamada zona da Atalaia, mirador privilexiado dende o que se divisa toda a vila. Segundo os datos que puido recopilar esta redacción eran preto das 00:00 horas do día que recén entraba cando na citada Atalaia se declaraba un incendio que nos momentos de maior apoxeo alanzou certa envergadura, declarando testigos presenciais que viron neses mesmos instantes lanzarse algún tipo de bengala que poderían estar na orixe dun lume que puxo en serio perigo as casas situadas na periferia superior do Barrio do Campo. De ser esto certo, estaríamos ante un incendio premeditado, o segundo que encara Camariñas na mesma semana depois de que na madrugada do luns se intentara plantarlle lume ao Cafe Bar Jose Manuel. Unha vez dada a alerta ata o lugar dos sucesos desprazáronse Protección Civil de Camariñas, unha escuadrilla contraincendios así como o Alcalde, os cales estiveron na zona ata que cara as dúas da mañán dábase o incendio por definitivamente extinguido. Misterioso suceso o acaecido na noite de autos, do que daremos conta das súas novidades no caso de que se vaian producindo.

Engadir un comentario