1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Aparatoso accidente de tráfico o acontecido nas últimas horas da tarde deste caluroso xoves 6 de marzo de 2014 na perigosa Carretera do Faro de Camariñas. Por causas aínda por determinar un turismo que baixaba cara o porto embestía violentamente contra unha furgoneta Peugeot Partner (francaise) aparcada na beira da estrada resultando como consecuencia da brutal colisión que o vehículo quedaba boca abaixo no asfalto deste letal vial camariñán. En principio falábase dun vehículo de marca Volkswagen, pero xa nos parecía a nos raro que un auto de orixe teutónica, elaborado concienzudamente por superhomes xermánicos en elitistas factorías bávaras acabara tirado así, sin más ni más, no medio da calle, aínda que se tratase da agora tan perigosa por razóns que non veñen ao caso Carretera do Faro. Un coche alemán non queda escangallado así como así, señores, e como non podía ser menos finalmente saltou á palestra a teoría de que se trataba dun moito máis modesto Alfa Romeo, elaborado por vocingleros giuseppes trasalpinos conforme ao seu bo saber e entender seguramente nunha fábrica da Catania, incluso ao mellor de Sicilia, en fin, Dios saberá onde. Un pánzer xermano que finalmente resultou ser italiano e que anda embestindo sin xeito furgonetas francesas. Foi como se a Unión Europea, os seus Imperios Centrais, andiveran a garrotazos neste agora tan conflictivo rueiro de Camariñas. Por outra parte e aínda que novamente poda parecer increíble non hai que lamentar maiores consecuencias para a integridade física dos seres humanos concernidos polo suceso que sendos cortes na cabeza e nunha man para o conductor do vehículo itálico, o cal ipso facto foi trasladado (en outro vehículo se entende) cara o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. En verdade xa é difícil imaxinar que nunha rúa como a mencionada Carretera do Faro se poidese ver algún día unha imaxe como a que amosamos en exclusiva na nosa portada pero por algún estrano designio dun tempo a esta parte parece como que sobre este antigamente querido vial camariñán estivera suspendido todo un conglomerado de malignas sombras siniestras que, como non podía ser menos, obran o seu efecto destructivo e demoledor.

Comentarios   

Fora meijas
+2 # RE: Accidente de circulación na Carretera do FaroFora meijas 06/03/2014 23:05
esto que esta acontecendo debe ser cousas de meigas nunca tal von e nunca tal ocurrio temos que cahamar a un cura que nos bendiga o pobo e o mar
Denunciar ante o administrador
Fora meijas
+1 # e parvos tamenFora meijas 07/03/2014 18:39
Non vexo o que lles molesto neste posible comentario anterior aos merenderos de "a caca de vaca " si é por un comentario que coincide coa pagina de vostedes ,"impresentable s"pois non vexo tampouco ningún nome que me faga ver que teña que variar ningunha palabra ,o escritor dunha pagina podrecida,non sabe ler ou é parvo ou as dúas cousas ,
Denunciar ante o administrador
YO LO QUE VEO
+1 # RE: Accidente de circulación na Carretera do FaroYO LO QUE VEO 07/03/2014 19:21
Es un amor muy grande del escritor de este reportaje por los coches alemanes y en eso tiene toda la razon ,no hay comparacion ,sobre todo si entendemos algo de coches ,en alemania se fabrican las mejores marcas ,por mucho que nos pueda pesar.Volkswage n,Audi,Mercedes ,esta muy claro ,todo lo demas son conjeturas de mentes retorcidas y el señor del diaro Camariñas :eu ,su madre es de Camariñas y su padre del Puente o sea son los dos del ayuintamiento ,¿de donde es el padre de ...? anda con tus bobadas a otro lugar o vete para Cambeda
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.