1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
No medio da peor vaga de temporais, nunha época caracterizada por días de moita chuvia e abundante frío, fóisenos outra veciña de toda a vida de Camariñas. Da Calle Real en concreto, ao carón mesmo do emblemático Bar Piña. Este martes 18 de febreiro de 2014 falecía aos seus 81 anos de idade Dª María Castro Carril, María de Barbiñas. Deixa Dona María esposo,  Adolfo Rodríguez Gil, dous fillos Adolfo e Xosé Manuel e unha filla tristemente falecida hai un tempo en Muxía, Dolores así como netos e fillos políticos que choran a súa marcha. Todos os amigos e demáis familiares desta camariñana non terán que marchar do seu pobo para acompañala nestes derradeiros intres, bastará con achegarse ata o Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín, de alí tras rematar o velatorio marcharán cara ás 15:45 horas deste mesmo mércores 19 de febreiro cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo, onde terá lugar o seu funeral de corpo presente. Vaia dnede esta redacción o noso máis sinceiro pésame a todos seus familiares e amigos. Dona María Castro Carril, Descanse En Paz.

Comentarios   

ainoa santos lopez
0 # RE: María do Carmen Castro Carril, Descanse en Pazainoa santos lopez 20/02/2014 18:21
aos familiares de doña maria de parte de o fillo de tio paco e familia as nosas condolensias d.e .p.
Responder | Denunciar ante o administrador
ainoa santos lopez
0 # D.E.P.DOÑA MARIA.ainoa santos lopez 20/02/2014 18:30
AS NOSAS CONDOLENSIAS A FAMILIA DE SEÑORA MARIA DE PARTE DE FRANCISCO O FILLO DE TIO PACO .D.E.P. UNHA APERTA PARA TODOS DESDE FUERTEVENTURA.
Responder | Denunciar ante o administrador