1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Continuamos aquí en Camarinas.eu co parte diario de destrozos que está a traer consigo o curso invernal 2013-2014, ca derradeira mostra de ataques perpetrados pola peor vaga de vandalismo medioambiental da que se teña coñecemento. Algo que parece xa máis un parte de guerra ao cal un se achega diariamente para seguir con detenimento o grupo de cidades que van caendo en mans xermanas conforme sigue adiante relampagueante esta Operación Barbarrosa atemporalada ou o seu triste reverso de capitais europeas que primeiro dentro das fronteiras patrias e despois alén delas eran recuperadas polas tropas soviéticas. O que nos conta o parte do 17/02/2014 é que tras chegar sorpresivo a dominios camariñáns unha tromba de auga descomunal, un novo diluvio universal que pouco máis deixa algunha que outra embarcación no cumio non do Ararat senón do Monte da Vela, entre as perdas materiais descubrimos como despois de dura e heroica loita, alá ata onde chegaron as súas derradeiras forzas, derrumbouse con estrépito o muro de bloques que dende tempo inmemorial separaba a fábrica de Cerdeiras da beirarrúa na Avenida de Cedeira; como casas quedaron anegadas; como o lavadero de Area da Vila víose impotente para evitar que unha avalancha hídrica inundara de tropas invasoras os seus dominios deixándoo completamente fóra de combate, ou como non moi lonxe, nesa mesma praia, froito da invasión acuosa surxía un regato de certa importancia que dividía o areal en dous de xeito que imposibiltaba o normal tránsito polo mesmo e conectaba ca corrente de auga principal. A moral das tropas está cada vez máis feble e endeble, un xa non lle ve fin a este val de bágoas, pero con todo intentaremos seguir resistindo.

Comentarios   

Beldoña
+7 # RE: Diluvio universal en Camariñas esta madrugada do 17/02/2014Beldoña 17/02/2014 17:40
Pois eu, que queredes que vos diga… ? Se, xa ó veño dicindo tempo hai: os invernos de antes eran así.
Que ninguén esqueza que ese rio da Area da Vila, tivera no pasado os muíños ca auga de Penafrou, aos que o meu avó, xunto con outros veciños de Buría, tiñan a súa vez pa moe-lo trigo ca maquía ( o Maquieiro )
Estaban moi ben definidos eses dous ríos: abundantes coas augas do inverno; e, case secos, aínda corrían cas augas do verán. Do mesmo xeito que ó estaban a facer o Río do Prado, e o cano que baixaba a carón da casa de Antón de Campos…
E, se non, preguntádelle ao seu veciño Marcial, cantas veces non tivemos que tapar aqueles regatos con xestas e fieitos…pa cazar con rastros e visgo os xílgaros e as pardelas que viñan a beber sedentos no verán.
Ese mesmo río que lembra a nosa canción popular “ O pasar por Camariñas, por Camariñas, pasei cantando. E as nenas de Camariñas, quedan no rio, quedan lavando… )
O tempo da moitas voltas, coma os muíños de antes; pero, volve, coma nos, aos seus orixes.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Xose Gonzalo
+6 # HomeXose Gonzalo 17/02/2014 19:42
Estou a verdade e que abraiado nunca vira unhas estampas asi do noso pobo, e mira que levan caido temporales,polo que se pode apreciar batense os rexistros...aqu i en USA o frio tamen foi o mais intenso desde que se rexistran as temperaturas.(a s cataratas do Niagara conxeladas) en fin so Deus sabe
Responder | Denunciar ante o administrador
dAVID QUINTAS
+4 # RE: Diluvio universal en Camariñas esta madrugada do 17/02/2014dAVID QUINTAS 17/02/2014 21:32
Moi acertadas as verbas do señor Puertas,o viviu nesas épocas e merécenos un respecto e animamos aos señores maiores a que nos relaten historias da nosa vila ,agora volvendo ao tema ,son estas reportaxes os que che entran polos ollos e dinnos o forte do temporal ou do diluvio ,coa sorte de parar ,non imos mal de inverno,xa nos podía dar un descanso
Responder | Denunciar ante o administrador
por dios
+4 # por diospor dios 18/02/2014 09:32
o partido virtual ICC culpa o alcalde das inundacións..., pero que pensa esta xente..., empezan a ser peligrosos ...
Responder | Denunciar ante o administrador
CHOCOLANDIA
+3 # RE: Diluvio universal en Camariñas esta madrugada do 17/02/2014CHOCOLANDIA 18/02/2014 10:07
Me deja cada día mas perplejo y si el piensa que lo mio tiene algo de política ,le digo todo lo contrario,esto de las inundaciones su forma de contar la noticia es una falsificación de la realidad ,tal y como aquí comentan algunos señores ,a los cuales vamos acabar por darle la razón en todo ,las inundaciones ocurren en todos los lugares ,y lo nuestro no es nada con esas riadas de agua callejera que arrastra a las personas a los coches y a todo lo encontrado por delante ,anegando sótanos ,plazas de garaje ,a mi me da la sensación de que nunca debió salir de casa ,como ve no le insulto ,ni falta me hace ,para eso llega usted señor mio,un abrazo
Responder | Denunciar ante o administrador
Manuel Rodriguez
+1 # RE: Diluvio universal en Camariñas esta madrugada do 17/02/2014Manuel Rodriguez 19/02/2014 10:38
Hemos visto riadas que se llevaban todo por delante,gracias a que aquí no hubo ningún siniestro como fue en el camping cerca de los Pirineos ,seguramente seria bueno buscar el responsable de lo que paso en Santa Mariña o en otros lugares por culpa de los temporales ,seguramente sera de puertos por no estar bien hechos ,o de que ponga barcas en tierra ,eso es ser un mal comentarista y una mala persona,
Responder | Denunciar ante o administrador