- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 06 Febreiro 2014 06 Febreiro 2014
Este mércores de temporal en toda costa norte de España, os veciños de Camariñas mantíñanse en vilo debido ao dramático encallamento no Cantábrico do cargueiro Luno, de cuia tripulación formaban parte cinco mariñeiros galegos. Entre eles dous veciños do noso concello: Antonio Lema, de Camelle e Ernesto Lista Campaña, de Camariñas. O barco acababa de zarpar do porto vasco de Pasajes e dirixíase a Francia sen carga. Antonio Lema, contramaestre do buque, estivera nos Astaleiros Zamakona axudando nunhas reparacións rutinarias e, rematadas estas, collía camiño en automóbil cara a Camelle para pasar uns días de vacacións en compaña de outro veciño da Esquipa (Vimianzo) que traballaba tamén no Luno. Ernesto non tivo a mesma sorte que os seus compañeiros de traballo e embarcou no agora fenecido cargueiro vasco para tentar desprazarse cara a Francia no medio dunha típica glerna do Cantábrico. A medio camiño o barco sufríu unha grave avaría electrica que o deixou á deriva e sen posibilidades de que a tripulación retomara o control da nave. Foron ata tres horas de infarto para os tripulantes e para as súas familias que remataron co barco encallado contra o dique da praia de La Barre en Anglet (Baiona, Francia), sen que se pudera nun primeiro momento rescatar aos mariñeiros. Xa co barco encallado e totalmente a mercede dos violentos golpes de mar que embestían ao buque foi onde por fin o helicóptero de salvamento se acercou ata o buque para rescatar in-extremis un a un á toda a tripulación dunha morte segura. Xa salvados e en terra firme os mariñeiros do buque afundido podían chamar e tranquilizar as súas familias e amigos así como falar para os diversos canles de televisión que se acercaron ata o lugar do terrible suceso. Neste video que vos amosamos podedes ver ao camariñán Ernesto Lista falando para as Noticias da canle privada Antena 3. Dende Camarinas.eu queremos dar ánimos a toda a tripulación do cargueiro Luno especialmente aos nosos queridos amigos Antonio Lema (Camelle) e Ernesto Lista (Camariñas).
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.