1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Si xa antes non viña moito por aquí, con este tempo Feijoó aínda vai vir menos. Porque si ata nin en FITUR, que son dous pasos, é capaz de acercarse un minuto polo stand onde as palilleiras de Camariñas tecían o fío dos sonos, ca sucesión inmisericorde de temporais que están azotando a nosa tan olvidada xeografía neste inverno 2013-2014, imaxinen. Camariñas ven a ser algo así como México (1), pero peor: tan lonxe de Deus, pero tamén tan lonxe da Xunta, alí onde unha oligarquía política endiosada malgasta ao seu exclusivo saber e entender os cartos das boas xentes. O caso é que tivo que ser xusto aos dous días dun desprecio presidencial que pasará a historia, polo menos nestes lares ignorados, cando chegou o enésimo temporal de inverno con Alerta Laranxa, fortes ventos, ondas de ata oito metros, choivas frecuentes e intensas e frota novamente amarrada. Xusto o temporal ideal para que os nosos mariñeiros e boas xentes en xeral cavilen polo miudo nas razóns dunha ultraxe inexplicable por parte de aqueles aos que lles pagan os soldos e as estranas razóns que animan a que unha manada moribunda de cachalotes sin alfabetizar den en apoiar un ataque inxustificado e inxustificable contra o concello polo que pretenden saír elexidos e as súas palilleiras. Cuidado que con esta marexada non acaben descacholados (máis aínda, queremos decir) contra as rochas. Pois sí que empezan ben.
(1) Frase orixinal: México, tan lonxe de Deus, pero tan preto dos Estados Unidos (dos de América, non dos de México, obviamente).

Comentarios   

Para mariñeiros nós
+2 # RE: Temporal en Camariñas, Alerta Vermella na Costa da MortePara mariñeiros nós 27/01/2014 20:30
Este inverno está sendo devastador para os intereses da flota pesqueira. Houbo perdas nos aparellos, unhas perdas que os mariñeiros temos que asumir sen apoio de ninguén (tontería pedir nada). Da igual que veña un mes, tres ou cinco anos que nin o detalle teñen de amortizar os custes da seguridade social, unha seguridade que pagamos para faenar e que lamentablemente non facemos desde o primeiro día do inverno presente.

Custe o que custe vamos axudar aos da Costa da Morte, weno, a igrexa primeiro que ahí hai unha cuna fascista incalculable, veremos se non envenenan ao actual papa.

Seguimos capeando o temporal...É o que hai
Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+1 # RE: Temporal en Camariñas, Alerta Vermella na Costa da MorteMoncho de Dios 27/01/2014 20:40
Esto ya es mas que una cachalotada ,la naturaleza no ayuda a ganar un euro a toda esta gente que vive del mar y eso hace empeorar la crisis personal de muchos de nuestros vecinos ,no olvidemos que estamos en Galicia y aquí el mar representa mucho,es la propia vida ,a mi me da pena ,me pongo en el lugar de los marineros y así lo siento ,ya llevamos mas de un mes sin tregua ,es difícil recordar invierno tan crudo y de tantos temporales ,ni el mismo Antonio Puertas puede ir a pescar,ojo en el muelle,así le da tiempo de hacernos sus poesías,
Antonio tendremos que hacer un conjuro para que las aguas del mar se calmen,aquí falla algo y en Camariñas pueden ser cachalotadas ,pero en Mugía no,ni en Finisterre ,eso sin quitarle la gracia al reportaje ,de algo también nos tenemos que reir,
Denunciar ante o administrador
AO RETRETE
+2 # RE: Temporal en Camariñas, Alerta Vermella na Costa da MorteAO RETRETE 27/01/2014 20:52
Pois si que o mar esta enfadado e non para ,como estará Olveira que o pobre quería baixarlle o soldo ao alcalde e xa o seu segundo compromiso foise ao retrete ,Por que seremos tan malos ?sempre lle queremos foder o soldo aos demais ,o importante non é o soldo,o importante é si meréceo ,sen falar do noso alcalde,o bo seria que o fixesen todos ben e que gañasen en proporción ao realizado,
Denunciar ante o administrador
Para mariñeiros nós
0 # RE: Temporal en Camariñas, Alerta Vermella na Costa da MortePara mariñeiros nós 31/01/2014 12:38
Quizáis non importe moito ou nós esteamos dormidos e fagan o que nos fagan calaremos pero para ser, de fonte moi fiables, que os medios de Salvamento custearanse doblando as tasas portuarias a flota pesqueira...des pois viran vendendo o pastel como un gasto determinado anual. Que cara
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.