1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

José Antonio Campaña Lista, un dos máis sinalados veciños do Concello de Camariñas, falecía nas primeiras horas deste xoves 23 de xaneiro de 2014 aos seus 72 anos víctima dun cancro que se agravou nestas últimas datas. Os cargos de Alcalde durante un lustro (1974-1979), nos ilusionantes e intensos anos da Transición, e Patrón Maior foron os dous principais fitos dunha traxectoria persoal exitosa e fructífera á que debe sumarse o desenrolo profesional de toda unha vida no mar, traballo no que será lembrado como Patrón durante tantos anos dunha das embarcacións lexendarias durante a época dourada do cerco camariñán: o José Ramona. Casado con Dona Dolores Lorenzo, tivo dúas fillas este matrimonio: Eva que falecía aos tres anos de idade e Dolores Campaña Lorenzo, Lolita, que falecía en tráxicas circunstancias en Suiza hai agora xusto cinco anos, provocando a maior conmoción que se lembra en Camariñas en moito anos. En mostra de loito e respeto, en recordo ao que foi o seu Alcalde durante os anos do duro esforzo por facer chegar a democracia a España, as bandeiras do Concello lucen a media asta dende este mediodía. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o seu enterro terá lugar mañán en Camariñas. Vaia dende Camarinas.eu o pésame e apoio máximos á familia deste camariñán ilustre. Don José Antonio Campaña Lista, Descanse En Paz.

Comentarios   

Isabel y Marina
+3 # Un adeus a unha boa persoaIsabel y Marina 23/01/2014 16:07
Non era que tiñamos moita relación porque eu era unha prima pequena para el e tamén e certo que levo moitos anos vivindo fora de Camariña pero meu pai, o seu tío Manolo, sempre lle tivo moito aprecio. Pens que se vai unha boísima pesoa.
Ata sempre primo.
Responder | Denunciar ante o administrador
luz campaña
+3 # ¡¡adios primo¡¡¡¡luz campaña 23/01/2014 16:53
Como recordó a sua persona,un home educado, discreto,amigo dos seus amigos,respetuo so e con ese humor que é moi de familia,seras sempre recordado,para suerte dos que quedamos aquí.Nunca che vin metendote con nadie,siempre ias o teu(en iso pareciaste o teu tio Perrua que sempre che apreciou en cantidade,,eras un exemplo de boa xente,,,que a outra vida che teña reservado o que aquí non che dou,,,adiós primo que descanses en paz,,,
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # RE: Don José Antonio Campaña Lista, Descanse en PazBeldoña 23/01/2014 19:05
Mi más sentido pésame por el fallecimiento de JOSE ANTONIO; amigo mío desde la infancia y que todos vamos a echar mucho de menos.
DESCANSA EN PAZ, JOSE ANTONIO, y que tu familia reciba mi más sentido y sincero pésame.
Responder | Denunciar ante o administrador