1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Noite tráxica a deste xoves 16 de xaneiro de 2014 tralo repentino falecemento por mor dun paro cardiaco do noso querido amigo José Valentín Bermúdez Trillo aos seus 57 anos de idade. D. José comezou a sentirse mal esta pasada noite e mentras estaba a ser trasladado de urxencia por unha ambulancia non lle dou tempo ao noso amigo a chegar con vida ata o Hospital Juan Canalejo, onde os médicos só puderon certificar a súa morte. Don José está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá mañá sábado ás 14:45 horas en compaña de todos os seus familiares e amigos ata a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Alí será oficiada a misa en corpo presente para despois ser soterrado Don José no cemiterio de Camariñas. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia do noso veciño Don José. Descanse en Paz Amigo.

Comentarios   

Camariñas F.C
+3 # D.E.P JoséCamariñas F.C 17/01/2014 17:10
Desde o Camariñas F.C expersamos as nosas condolencias a familiares e amigos de José. Exporteiro mítico do clube e pai dun axudante deportivo desde fai anos. Que Deus che acolla na gloria...D.E.P
Responder | Denunciar ante o administrador