1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dirk, Dirk Diggler, dotado dunha potencia descomunal, utilizando toda a súa desmesurada extensión e nunha das súas clásicas embestidas furiosas, na noite do 25 de decembro tamén se levou por diante outra das ruinas arqueolóxicas da Vila de Camariñas. Era este o marchito e decrépito criadeiro de ameixa que está criando malvas dende o día aciago de un deses anos negros de ahí atrás en que pasou a mellor vida e deixou a uns cantos no paro. Éstes seguramente non entraran a ocupar o posto precisamente a través o que se di unha durísima oposición e non deixaban de cobrar os seus soldos a través dos impostos que vostedes máis eu pagamos, así que tampouco é que a medida fose demasiado desencamiñada, que se diga. Sen embargo o que xa non se ve tan normal constitúeo o feito de que se deixe ao albur dos elementos todo un mausoleo á maior gloria da reproducción dos bivalvos en plena zona cero de calquer temporal de Deus que che entre por ahí abaixo. E si éste está tan ben dotado como o noso xoguetón Dirk, Dirk Diggler, pois xa me dirán vostedes. Así foi normal que na noite de autos parte do teito de uralita do criadeiro voase polos aires e o resto da estructura quedase en tan precario estado que un destes días ("One of these days", que diría Pink Floyd) voe tamén polos aires e igual se estampe contra a cocorota enaxenada dun cachalote unido que por alí ande paseando desesperado preguntándose por que ninguén lles fai caso, por que dan pena, por que son tan paupérrimos, e o volva unha persoa normal. E así calqueira destes pobres palurdos dementes deixaría de pensar aquelo de "Soy un estrella. Soy una gran estrella. Una brillante y cegadora estrella". E verían a triste e cruda realidade ("Ugly Truth", que diría Soundgarden).

Engadir un comentario