1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Día triste, calamitoso, para a vila de Muxía, para a Ría de Camariñas e por extensión para toda a Costa da Morte. O derradeiro zarpazo do Temporal Dirk resultou ser o máis brutal e así este Día de Nadal de 2013 amanecía co Santuario da Virxe da Barca devorado por un lume devastador. As imaxes que comenzaban a filtrarse polos distintos medios de comunicación non podían ser máis impactantes, as dun teito convertido en xigantesca pira incendiaria. Pouco despois chegaba o mazazo final: tan só unhas poucas imaxes se salvaban dun incendio que reducira o retablo principal do século XVIII a puras cinzas. Incluso a propia imaxe da Virxe. As causas en principio apuntan a un raio que podería haber impactado contra un transformador cercano ao templo cas desastrosas consecuencias anteditas. Membros de Protección Civil de toda a comarca trasladáronse de inmediato ata a Punta da Barca, pero pouco podían facer para remediar o que constitúe unha hecatombe (cultural, arquitectónica, histórica, relixiosa) a engadir á memoria negra da Costa da Morte. O rastro do lume era claramente visible na mañán de autos dende outras ruinas, as do Castelo do Soberano, onde veciños da Vila das Palilleiras non podían evitar un profundo sentimento de dor, de inmensa pena, e de solidaridade e cariño cos seus irmáns do outro carón da Ría. Exactamente esa sensación de conmoción, de rabia, de afecto cos muxiáns, eran os que animaban á redacción de Camarinas.eu. Mércores 25 de Decembro de 2013, o día que a Barca ardío polos catro costados. Os camiños do Señor, son inescrutables.



FOTOS: FACEBOOK DE "A DE LOLÓ DE MUXÍA"

Comentarios   

Beldoña
+7 # RE: Incendio devastador no Santuario da BarcaBeldoña 25/12/2013 20:24
Ante unha traxedia así, tan só podo expresar a miña profunda pena e solidarizarme co pobo de Muxia, a terra do meu pai, e pregar ao Señor por todos nos.
O alcance deste desastre, non se limita a ese pobo irma en concreto, se non que é extensible a toda Galicia, e, inclusive tamén a España.
Non esquezamos que a nosa Señora da Barca, xunto ca Virxe do Pilar de Zaragoza, ou Monserrat., ou a Merced.... é un dos grandes santuarios con advocación mariana, que en 1910 canonizara o papa San Pio X ( se non lembro mal )
A perda do seu retablo barroco do século XVIII, obra de Miguel de Romay, ou ó da Virxe dos Dolores, ou ó de San Miguel...son patrimonio de todos; e trasladan ás fronteiras da nosa Costa da Morte, polo seu valor arquitectónico e cultural que representan.
Queira Deus, que algo quede de todo isto, polo ben de todos.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Incendio devastador no Santuario da BarcaBeldoña 25/12/2013 21:49
Con todo o meu agarimo pa terra do meu pai:

MUXÍA

Configura o mar e os ventos
un corpiño na montaña,
remexendo os seus cimentos
e socavando a súa entraña.

Polos buratos dos foxos
con nove voltas xa bastan
pa que se amañen os osos
dos tollidos que xa saltan.

Raparías e gaiteiros
entoan coplas e cantan,
brincando ó son dos pandeiros
e dos foguetes que estalan.

A Señora en trono d´ouro
engaiola toda a comarca,
e a vila garda o tesouro
que ven a Muxía en Barca.

A Pedra tomba cos ceos
e os diaños liscan das almas;
sorrí a Santa aos festeiros,
que, ata o día, non van pas camas.

Antonio Puertas.
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+5 # RE: Incendio devastador no Santuario da BarcaMoncho de Dios 26/12/2013 14:02
Todos nos encontramos acompañando en el dolor a todos los vecinos de Mugia y si me permiten por ser un lugar de tan reconocido prestigio me atrevo a decir que es algo que nos pertence a todos ,forma parte de mi cultura desde mi nacimiento,una vez dentro del dolor ,reconfortan las palabras de los politicos de arreglar cuanto antes el Santuario DA VIRXEN DA BARCA
Responder | Denunciar ante o administrador
CASCARRASCAS
+4 # RE: Incendio devastador no Santuario da BarcaCASCARRASCAS 26/12/2013 15:27
A Virxe Da Barca,é unha das romerias mais importantes ,nós hai anos marchabamos con tempo para pasar o sabado e `parte do domingo ,llevabamos a comida en abundancia e alli dormiamos despues de estar a cantar horas e horas,que tanto gusto nos daba,veña pandereita e cascarascas,que pronto pasan os anos e todo camiñando
Responder | Denunciar ante o administrador
Manuel Alvrez
+4 # RE: Incendio devastador no Santuario da BarcaManuel Alvrez 26/12/2013 15:46
No hay mal que por bien no venga ,seguramente las proximas fiestas de la Barca sean las mejores de toda la vida ,animo MUXIANS
Responder | Denunciar ante o administrador
Jesus del Campo
+4 # Desde MadridJesus del Campo 26/12/2013 15:50
Este verano he estado por esa maravillosa tierra,lo pase muy bien con mi familia ,es divino ,vuestras playas ,comidas ,enfin que no comentaros a vosotros,espero lo mejor y este tema de Santuario se arregle lo antes `posible,yo no entiendo de percebes ,a mi me dijeron que eran de La Barca y estaban estupendos un saludo a todos los de la Cuesta de la Muerte
Responder | Denunciar ante o administrador
Pardiñas
+4 # RE: Incendio devastador no Santuario da BarcaPardiñas 26/12/2013 16:28
Esta Noiteboa convidaba a estar en casa ,era un dia de inverno total,todo para o meu foi bo ,a unica noticia mala foi o acontecido en Muxia,ao ver as imaxenes do Santuario dá Barca como estaba a arder , é dia de unir os corazóns e pedir préstaa soluccion ,que oxala asi sexa.
Responder | Denunciar ante o administrador