1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Dona Avelina deixou este mundo na madrugada deste domingo 27 de outubro de 2013

Este domingo 27 de outubro de 2013 un recuncho da coqueta Praza de Colón de Camariñas está de loito. Alí foi onde vivío e criou aos seus tres fillos (Paco, Pedro e Corales) ao longo de prácticamente toda unha vida unha das máis senlleiras veciñas da Vila dos Encaixes que vía como aos 92 anos a súa existencia chegaba ao seu fin: Dona Avelina García Ozón. Todo comenzaba sobor das 11:30 da noite deste pasado sábado cando na súa actual residencia no edificio do Casino a Señora Avelina comenzou a sentir un intenso malestar, trasladada de urxencia ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee cara ás seis da madrugada chegaba o fatal desenlace. Todos aqueles que queiran acompañar á súa familia nestes duros intres poderán facelo acudindo a velar o seu corpo no Tanatorio San Vicente de Vimianzo estando a estas horas o momento do enterro aínda por determinar. Triste xornada de domingo en Camariñas que ve como unha das súas máis antigas e queridas veciñas se nos ía no derredeiro fin de semana de outubro. Camarinas.eu mostra os seus máis sinceiros respetos e o seu pésame máis dolorido aos fillos e netos de Sra. Avelina. Descanse En Paz e que Deus a teña na súa Gloria.

 

Comentarios   

Beldoña
+5 # RE: Dona Avelina García Ozón, Descanse En PazBeldoña 27/10/2013 11:33
DESCANSE EN PAZ, SEÑORA AVELINA.
E, o meu sincero pésame a toda súa familia.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
Pepe  Rey
+4 # RE: Dona Avelina García Ozón, Descanse En PazPepe Rey 27/10/2013 11:56
A morte non nos rouba os seres queridos. Ao contrario, gárdanolos e nolos inmortaliza no recordo. A vida si que nolos rouba moitas veces e definitivamente . descase en paz tía Avelina.
Responder | Denunciar ante o administrador
garcia avelina
+1 # doña avelina garcia ozon descanse en pazgarcia avelina 30/10/2013 17:52
querida tia siempre te recordaremos a pesar de la distancia siempre estuviste en nuestro corazón te amamos tia hasta siempre te queremos tu hermano benino,tu cuñada Felisa y tus sobrinos ruben y avelina
Responder | Denunciar ante o administrador