Dona Pilar Barcia Gerpe deixou este mundo na madrugada do mércores 11 de setembro de 2013

Este ventoso mércores 11 de setembro de 2013 trouxo consigo en Camariñas unha noticia que causou fonda aflicción en moitos dos corazóns da vila: aos seus 69 anos e despois dunha tenaz loita durante os derradeiros meses contra unha grave enfermidade deixábanos Dona Pilar Barcia Gerpe. Persoa de bo corazón e moi querida en Camariñas, veciña da Rúa Pinzón, traballou no duro oficio de mariscar ata a súa xubilación, sendo cara as catro de mañán cando deixou de existir. Os seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo ata as catro e media do xoves 12 de setembro, momento no que emprenderán a súa viaxe final ata a Camariñas da súa alma, onde a partires das 17:00 horas terá lugar o funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Viúva, deixa Señora Pilar dous fillos e unha filla, aos cales dende Camarinas.eu xunto a demáis familiares e amigos trasladamos o noso máis sinceiro pésame e apoio nestes duros momentos. Dª. Pilar Barcia Gerpe, Descanse En Paz

Comentarios   

jose castro barcia
+5 # Graciasjose castro barcia 11/09/2013 12:14
Sen forzas camiño de galicia ao reencontro ca miña nai. Donde queiras que estes QUEROCHE MAMA
Responder | Denunciar ante o administrador
MADRILEÑO
+5 # RE: Dona Pilar Barcia Gerpe, Descanse en PazMADRILEÑO 11/09/2013 13:20
De nada sirve expresar o que sentía por tí, xa que por moito que o tentase, non sería capaz de facelo do xeito que abarcase toda a sua plenitude.Foste ste esta noite deixandonos unha dor que se reflexará nos nosos corazóns para os restos, pois como din esas verbas feitas, "quererche foi moi doado, pero olvidarche non poderemos endexamáis".
Tras unha vida chea de traballos , sempre duros , os cales escravizan e deixan na carne e na ialma as súas fondas marcas, esta veu a pagarche coa máis cruel das enfermidades, esa que tenta borrar de nos todo aquelo que fomos e forxamos no paso por esta etapa que che tocou vivir.A última vez que che vin, destesme un bico e regalastesme un gran sorrisoo despedirnos, esa é a imxe que de tí me veu a mente cando esta triste mañán miña nai ,e tua hirmán, me deu a noticia do fatal desenlace e que sempre irá conmigo aló moi fondo, onde gardo a miña xente, a miña sangue...
Descansa en paz miña tía, que Deus noso señor che teña xunto co resto dos nosos antergos aló o seu carón na glroria, xa que merecer ben a mereces. Intercede agóra que vas a o pé Del, pra que nos de os que aquí quedamos forzas pra sobrelevar este amargo trago, e a os teus fillos a resignacion necesaria pra aceptar o que que a sua vontade lles impuxo.
Tal como vivistes fosteste na tua hora final, DEMOSTRANDO A GRAN SEÑORA QUE ERES.
D.E.P Pilar Barcia.
Responder | Denunciar ante o administrador
J Manuel Antelo
+5 # reJ Manuel Antelo 11/09/2013 13:39
Non podo sentir mais tristesa, esta muller formou parte dos momentos mais bonitos da miña vida, desde que era un rapasiño ata o momento que tuben que ir a vivir a outro pais, pero sempra que me a encontraba en camariñas recibia uns abrazos como os de unha nai, non importara donde me vira, ala viña correndo e me decia.... como estas meu filliño?.... Descanse en pas señora Pilar que eu non a olvidarei nunca!
Responder | Denunciar ante o administrador
SEREA
+3 # RE: Dona Pilar Barcia Gerpe, Descanse en PazSEREA 11/09/2013 14:21
D E P que Dios te acoja en su senoy te bendiga
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Dona Pilar Barcia Gerpe, Descanse en PazBeldoña 11/09/2013 19:39
Nada hay en esta vida más doloroso que perder a un ser querido. Sabemos que ya no lo volveremos a ver más. Solo, su recuerdo permanecerá con nosotros, hasta que el tiempo nos lo vaya borrando también, desfigurando su rostro, sus gestos, su voz… Pero sus obras buenas que nos hicieron en vida, siempre estarán presentes, imborrables y, así, por sus obras, será recordado hasta que nos muramos.
DEP y mis condolencias a la familia
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador