1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este mércores 4 de setembro tivo lugar o enterro de dous veciños de Camariñas

Ás portas dun novo outono, na época na que comenza a caída das follas, o loito e o pesar voltaron a Camariñas con dous falecementos no mesmo día. O primeiro en caer era un veciño de Buría de toda a vida, o Señor Manuel Castiñeira Castro, que falecía este martes 3 de setembro de 2013 despois dunha longa e penosa enfermidade.  O seu corpo foi velado na súa casa familiar nas alturas de Camariñas onde podía verse na tarde deste mesmo martes unha longa ringleira de coches de amigos, familiares e veciños que presentaban os seus derradeiros respetos a este xubilado camariñán que aos seus 76 anos de idade deixaba unha esposa, Oliva e dous fillos. O seu enterro tiña lugar na Igrexa Parroquial de Camariñas este mércores 4 de setembro de 2013 a partires das 18:00 horas.

Non moito despois, en concreto dende as 21:00 horas da mesma data e no mesmo templo parroquial tiña lugar outro enterro. Neste caso tratábase dun veciño do barrio de Corea, Don José Pasantes Suárez, pai de cinco fillos, entre eles os nosos queridos amigos Estrelliña e Benjamín (recentemente falecido), deixaba este mundo aos seus 78 anos. O momento do pasamento tiña lugar as 21:00 horas deste fatídico martes 3 de setembro e o seu cadáver foi velado asemesmo no seu fogar familiar. Triste comenzo de setembro en Camariñas despois dun perído de relativa calma que se leva consigo a dous dos nosos maiores. Dende esta redacción vaia un afectuoso saúdo e un sinceiro pésame ás familias destes dous camariñáns que nos deixaron. Descansen En Paz.

Comentarios   

Ramon Lema
0 # Desde ArgentinaRamon Lema 06/09/2013 23:38
Manuel Castiñeira, ¿tenia que ver con alguien del cotro? ¿Eres pariente de Teresa Castiñeira Alonso?
Responder | Denunciar ante o administrador