O xoven Javier Temprano Quiza faleceu traxicamente hai case un ano en Lanzarote

Foi unha desas tráxicas mortes de xóvenes camariñáns que cada certo tempo sacuden o noso concello: rapaces con toda a vida por diante que por mor dun acontecemento drámatico deixan este mundo, sumíndonos a todos nunha dor profunda e inconsolable. Era a tarde do 6 de setembro de 2012 cando dende os medios de comunicación canarios se alertaba que un xove da Vila das Palilleiras desaparecera mariscando no lugar de Charco de San Martín, Illa de Lanzarote, noticia confirmándose ao cabo dunhas horas que o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Guardia Civil (GEAS) atopaba o seu corpo sen vida. Un duro golpe para a súa familia e amigos e en xeral para todo Camariñas quevía como outro dos seus xóvenes se nos ía por un accidente fatal.

Por elo este vindeiro venres 6 de setembro de 2013, a partires das 17:00 horas todo Camariñas poderá acompañar na Igrexa Parroquial de San Xurxo á súa familia no  primeiro cabodano de tan tráxico acontecemento. Alí poderán consolar e apoiar á sú nai Lola, ao seu irmán Juan así como ao fillo deste Acaimo e ao seu tío Coto e sobre todo pregar para que a de Javier fora a derradeira das mortes dun xoven camariñán, para que no futuro non teñamos que vivir un deses dramas inconmensurables que nos deixan anonadados e sin respostas ante o sinsentido de que un rapaz teña que abandoar este mundo no mellor das súas vidas. Por todo o anterior, nada mellor que estar xunto á familia de Javier Temprano Quiza no momento no que se lembra o seu tráxico falecemento.

Engadir un comentario