1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A derradeira Comisón do Carmen, cinco héroes para a historia da nosa festa

A derradeira Comisión da Festa do Carmen non seguirá no cargo. Os seus compoñentes decidiron facer pública unha decisión que nos enche de tristeza a través do medio de comunicación que ao longo do seu exitoso periplo de tres anos os acompañou dende o primeiro día na organización e execución dunha festa que, despois do seu paso pola comisión, sinceiramente é moito mellor que como a colleron. Neste punto, cando un lembra á anterior comisión, a capitaneada por José Manuel Canosa Campaña, nesta web se dixo que ata aquel entón fora a mellor da historia do Carme e en verdade así era. ¿Cómo chegar a sospeitar que aquel grupo de xoves e ilusionados rapaces que colleron o seu testigo en tan só dous anos superarían con creces o antes conquerido? Sen dúbidas elo foi porque nunca antes unha Comisión de Festas tiña un punto de partida tan inmellorable, un traballo dunha calidade tal que co adecuado desenrolo e novas ideas faría dispararse o Carmen ata niveis estratosféricos nunca antes vistos. E así foi.

En verdade prácticamente todas as comisións de festas que antecederan neste duro e ingrato servizo deran o mellor de si mesmas e cos medios dispoñibles organizaran a festa máis axeitada posible. Distintas xeracións sucedéronse nesta sacrificada labor e todas pasaron á historia polo seu esforzo desinteresado a prol da Vila das Palilleiras salvo unha de oscuros orixes e tenebrosos propósitos, que presuntamente utilizou os cartos dos camariñáns para financiar páxinas webs ao servizo de partidos políticos e dos intereses privados do seu siniestro director, cuestión ésta que se dirimirá no momento adecuado na instancia xudicial oportuna. Pero aparte desta vergonzosa mancha na historia dunha festa tricentenaria, os camariñáns podemos estar seguros de que aqueles que collan o testigo de Rubén e compañía saberán aproveitar o valioso legado recibido e organizarán no 2014 unhas festas espectaculares. A Festa do Carmen actualmente é un bólido sen freno ao que nada poderá frenar no que se presenta como un radiante porvenir.

No momento da súa despedida, a derradeira Comisión de Festas aproveitou para agradecer ao pobo de Camariñas a súa multidinaria, fervorosa e total adhesión para organizar a mellor festa da Costa da Morte, sen os seus donativos e apoio constante é obvio que o conquerido non sería posible. Asemesmo quixeron facer público o seu recoñecemento ao Concello que non escatimou en medios para a organización da festa, á comisión delegada en Suiza polo seu espléndido traballo (Fernando de Molina, Celsita, como non Luis dos Cabalos, etc...), así como a Camarinas.eu na promoción da festa e nas distintas reportaxes gráficas, así como tamén pola confección dos carteis durante todo estes anos e en especial nesta última edición pola donación de Diego Alonso Freire de cerca de 400 fotos que vendidas no tenderete da Comisión reportaron máis de 1.200 euros en ingresos. Así, resultaría que mentras uns financian a Festa do Carmen, outros financiáronse a través da Festa do Carmen hinchando os seus depauperados bolsillos.

Despedida ao fin e ao cabo agridulce porque despois de dous anos de duro e intenso esforzo sin recibir nada a cambio, todo a prol do pobo de Camariñas, non entendía o noso querido amigo Rubén as duras críticas vertidas na prensa autonómica por un político supostamente camariñán: dous únicos contratos da súa empresa familiar, de Camariñas, cunha mesma administración pública, valeron uns inxustos e interesados comentarios nos mesmos días que, por poñer un exemplo, Viproga SL enchía as súas arcas na Deputación Provincial ca contratación de asemesmo dous servicios públicos cuia adxudicación estivo na boca de toda a prensa galega. Políticos supostamente camariñáns que aínda por enriba negaron ata por catro veces a Festa do Carmen e nin un só peso (ata San Pedro negou tres veces a Xesucristo, non catro) doaron para a mesma. Senón ahí están as libretas de donativos do Carmen. Tamén quixeron ter un recordo para o atraco a mano armada acometido por Portos de Galicia ca nosa festa e co pobo de Camariñas. Se JJ Durán tan só uns días antes aproveitaba unha visita ás instalacións do Club Náutico para facer pública a decisión que condeaba a esta a ruina (Porto Deportivo de Muxía) cuns directivos presentes aplaudindo cas orellas, despois de estar invitado na Procesión Marítima e prometer o contrario voltou pasar unha factura de 5.000 eurazos polos metros que se ocuparon cas atraccións no muelle novo e na fachada marítima.

Salvando estas dúas sinvergonzonerías, todo foi agradecemento e gratitude polo trato e cariño recibido do pobo soberano camariñán, o cal lembrará por décadas as edicións da Festa do Carmen do 2012 e 2013, as dúas posiblemente mellores en toda a súa historia. Un récord que esperemos sexa só cuestión dun ano e que aqueles que recollan o testigo volten a superalo. Os primeiros en desexalo: os Rubén, Pedro, Maitiña, Yogui e compañía. Sinceiramente gracias rapaces. Xa sodes historia da Festa do Carmen.

Comentarios   

Moncho de Dios
+5 # RE: Adeus a Comisión da Festa do CarmenMoncho de Dios 09/08/2013 12:46
Anteayer coincidi con Ruben y le felicite por las fiestas de Camariñas,el pretendia conseguir mas gente,ya eso no depende de la comision por muy buenas orquestas que se traigan ,tenemos una crisis ahi que no nos deja en paz,felicitaros y suerte.
Responder | Denunciar ante o administrador
Eu....Kiños
+4 # RE: Adeus a Comisión da Festa do CarmenEu....Kiños 09/08/2013 15:52
Por toda a sua gran labor desinteresada tocame darlle as grazas a estas persoas que,deixaron o nome da Festa do Carme de Camariñas nun escalon das mellores de Galiza.Noraboa polo voso traballo

Tamen desexarlle sorte e que todos dediquemos un gran recibimento aos futuros membros que ocupen este lugar, pra que esta fermosa festa nos siga conferindo uns dias de carallada e enorme alegria pra o pobo, como tamen os seus mariñeiros poidan seguir rendindolle tributo a Virxe do Carme.
Responder | Denunciar ante o administrador
fillo da rucha
+3 # graciasfillo da rucha 17/08/2013 13:30
bueno pois a decision xa esta tomada e non hai nada que facer... GRACIAS a mellor comision da historia de camariñas.... sin esquecerse de CAMPAÑA tamen.. que fixera unhas festas espectaculares. .. eu pido a xente de camariñas que se anime a formar un grupo pra sair a pedir nas festas do carmen 2014... nas cal eu tamen me implicaria a fondo pra que a nosa querida festa do carmen non desista JAMAS... si alguen sale.... eu tamen me animo a formar parte da comision... :sigh:
Responder | Denunciar ante o administrador