O socialista Pichurri, única compañía política de JJ Durán na Procesión MarítimaVista a pouca ansia que algunhas vilas costeiras das Rías Baixas lle imprimen á Festa do Carmen, non foi de extranar que o vilanovés Jose Juan Duran, presidente de Portos de Galicia, quixese estar presente na procesión marítima de Camariñas do 2013. O que xa non resultou tan normal foi que o principal representante do seu partido en Camariñas non o acompañase durante a citada travesía marítima e así a única compañía política que estaba ao carón de tan importante preboste público era a dun socialista, o alcalde Pichurri, así como a do representante do Grupo de Acción Costeira na Costa da Morte, ente do que descoñecemenos en absoluto as súas funcións orgánicas máis alá de servir para conquerir subvencións para o sector privado.

Entón ao constatar a ausencia do líder do PP en Camariñas durante tan vistosa e transcendente travesía náutica, na que se reúnen no barco emblema da flota as forzas vivas do concello, chegamos a unha fácil conclusión: "Ah, claro, agora que resultou exitoso adxudicatario de contratos administrativos, marcha raudo a cumprir ca súa insustituible función de prestixioso e sabio conservacionista do noso patrimonio medieval". Ninguén dubida aquí xa que o vindeiro paso de Viproga SL será a contrata para a restauración dos Budas de Bamiyán, aquelas dúas xigantes estatuas destruidas salvaxemente hai uns anos polos talibáns en Afganistán, esto é, un desafío realmente á altura da súa dimensión empresarial. Pero non, en vista dos sucesos que estaban chamados fatalmente a acontecer tan só tres días despois algo xa se debía ulir o home e alá xuntou aos seus concelleiros e en alegre comunión marcharon a Deputación Provincial a inmolarse todos voluntariamente ante Diego Calvo, porque cando se poden arruinar para sempre seis carreiras políticas, ¿para que se vai a arruinar unha soa?

Curiosa esta moda dos populares camariñáns de envolverse heroicamente en outros insensatos que pasaban por alí para acometer grandes desafíos privados, maiormente perdidos xa de antemán. ¿E si todo se reduce a unha cuestión de pura e simple estupidez? En todo caso: alá onde o gran antagonista de Daniel, a súa némesis actual, ex man dereita durante tantos anos, o hipopótamo hinchado da Carretera do Faro, se escuda detrás das féminas do autodenominado Comité Local, o defenestrado asesor do Presidente da Deputación se rodea dos seus cinco concelleiros e todos xuntos, xuntos en alegre comunión, ahí marchan en orde pechado a onde faga falta, xa sexa a presentar no concello un escrito contra a cafetería do Club Náutico, xa sexa para defender o salario de Daniel como deputado provincial. E así mentras Pichurri paseaba festeiro a Durán pola Ría, Daniel daba os primeiros pasos do novo ridículo que estaba por protagonizar.

Engadir un comentario