A llama e o que parece un yak, animais típicos do medioevo camariñán

Incluso Camariñas, unha vila tan ferozmente devastada pola apocalipsis arquitectónica do "ti fai", sirve de escenario solvente no que modelar un mercado medieval, mariñeiro neste caso enténdese que pola presencia colindante do mar. Faise entón xa difícil imaxinar as cotas de realismo que pode entrañar a recreación de esceas medievais en vilas en verdade sí dotadas dun casco histórico de certa entidade tal que Baiona ou Cambados. Sobre todo co atrezzo engadido que supón a presencia duns protagonistas que doutro xeito un os faría atronando autopistas californianas a lomos de Harleys Davidsons como membros dalgúns dos capítulos daqueles Ángeles del Infierno ("Una extraña y terrible saga") cuias andanzas tan pormenorizada e crudamente describira Hunter S. Thompson alá a mediados dos convulsos 60, arrasando pequenas poboacións desprevenidas, provocando conflictos armados ca policía do Estado.

E así foi como animais típicos e omnipresentes en toda vila costeira medieval non se sabe se de Galicia, Arabia, o Nepal dos Lamas precomunistas ou o Perú do Inca Manco Cápac, tais que llamas, yaks ou dromedarios percorren entre apesadumbrados e fatalmente resignados as rúas de Camariñas, lonxe de todo hábitat ou entorno o máis mínimamente natural. Sen embargo, por unha serie de razóns que non se atende a aprehender con este limitado intelecto con que Deus nos agraciou elo parece atraer enxambres de entusiastas turistas volcados no estudio intensivo da nosa máis remota historia medieval. Non cabe a menor dúbida de que será en calqueira mercado medieval, neste caso mariñeiro enténdese que pola presencia colindante do mar,  onde atoparán xusta resposta ás súas tan entusiastas ansias de rigor historicista. Todo sexa polo Turismo, auténtica febre do ouro da nosa época, tal que aquela dunha California que un século despois estaba chamada a ser arrasada a sangue e fogo por uns foraxidos motorizados chamados Ángeles del Infierno.

Comentarios   

Juan Ramon Alvarez
+4 # RE: 2º Mercado Medieval de CamariñasJuan Ramon Alvarez 21/07/2013 19:49
mi aplauso a la palabra "ti fai"lo define todo poco mas hay que decir asi tenemos todo como esta en una penuria que masbien parece el estar viviendo en el cuarto mundo y no en el primero,
Responder | Denunciar ante o administrador
Gerard Miralles Carr
+3 # Re: MErcado Medieval de CamariñasGerard Miralles Carr 26/07/2013 13:13
Para la Compañía Act2As , ha sido un honor poder participar en la animación de estas festividades, en Camariñas se nos ha tratado mejor que a principes, incluso nos hemos sentido hijos del municipio.
Agradecemos el trato cercano y familiar y el agradecimiento recibido por nuestras animaciones de Teatro de Calle y Circenses. Sentirse valorados a más de 1200 km de nuestro hogar es una muestra de que tantos años de esfuerzo, entrenamiento, clases y seminarios para profesionales del espéctaculo han valido la pena.
Esperamos volver prontito para poder aportar magia, fuego y pasión a tan agradecido y caluroso público!
Responder | Denunciar ante o administrador