×

Erro

Premature end of JPEG file `/var/www/vhosts/camarinas.eu/httpdocs/images/phocagallery/camarinas/festas/2013/Festa-do-Carmen/16-xullo/Procesion-Maritima/Galeria-1/festa-carmen-camarinas-2013-0240.jpg' @ error/jpeg.c/JPEGErrorHandler/316
1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Premature end of JPEG file `/var/www/vhosts/camarinas.eu/httpdocs/images/phocagallery/camarinas/festas/2013/Festa-do-Carmen/16-xullo/Procesion-Maritima/Galeria-1/festa-carmen-camarinas-2013-0240.jpg' @ error/jpeg.c/JPEGErrorHandler/316

A flota de Camariñas parte rumbo ao asalto dos mares no día da Virxe do Carmen

Cando o Zar Pedro chegou ao poder axiña comprendío que o engrandecimento do seu país pasaba polo acceso ás rutas marítimas comerciais dos mares Báltico e Negro. Elo entrañaba o enfrontamento armado cos suecos no norte e cos tártaros de Crimea no sur, pero sobre todo supoñía a creación urxente dunha gran flota da que Rusia carecía. Comenzou entón a época das grandes transformacións nas anquilosadas e medievais estructuras rusas nun proceso que levou dende a construcción apresurada dunha serie de asteleiros fluviais entre os que destacou o de Voronezh ata unha viaxe de incógnito do mesmísimo Pedro ata Holanda para aprender en persoa o oficio de carpinteiro de ribeira. Non era estrano naquela época atopar ao Zar de tódalas Rusias (a grande, a pequena, a branca) tras un día de duro esforzo fumando tranquilamente ao caer a tarde a súa pipa nunha humilde cabana da aldea de Zaandam, alí entre os canais, indistinguible de calquer outro campesino neerlandés ao mesmo tempo que en Moscú os cadáveres de máis de 20.000 streliets, o corpo armado que osou rebelarse, penduraban pudríndose durante meses de árbores, postes, e farolas, como imaxe aleccionadora para futuros usurpadores do poder autocrático.

O problema de ter unha flota propia de gran envergadura Camariñas o resolvío hai tempo e non contenta con elo, nun esforzo que pasará aos anales, cada pouco engrandece a súa armada con novas e flamantes adquisicións que elevan expoñencialmente a potencia de fogo do arsenal camariñán. E así, cando cada 16 de xullo as embarcacións que conforman a máis temible escuadra que viron os comenzos do século XXI en Galicia, repletas de mariñeiros voluntarios alistados de ocasión, se lanzan aos mares treme a alma humana ante semellante demostración de forza marítima e toda a ría que leva orgullosamente o seu nome dobla os xeonllos en sinal de admiración. Efectivamente, aquel problema que se atopara o Zar Pedro ao pouco de chegar ao poder, resolvíose en Camariñas hai tempo e xa dende antigo todas as vías marítimas quedaron expeditas para os seus capitáns intrépidos. E estes unha vez ao ano, como sinal de magnanimidade, exhiben a potencia, a fermosura, a grandeza das embarcacións de conforman a flota camariñana en triunfal procesión. Por un día, só por un día, deixan as súas xestas marítimas para mellor ocasión.

Engadir un comentario