×

Erro

Premature end of JPEG file `/var/www/vhosts/camarinas.eu/httpdocs/images/phocagallery/camarinas/festas/2013/Festa-do-Carmen/16-xullo/Danza-de-Arcos/festa-carmen-camarinas-2013-0280.jpg' @ error/jpeg.c/JPEGErrorHandler/316
1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Premature end of JPEG file `/var/www/vhosts/camarinas.eu/httpdocs/images/phocagallery/camarinas/festas/2013/Festa-do-Carmen/16-xullo/Danza-de-Arcos/festa-carmen-camarinas-2013-0280.jpg' @ error/jpeg.c/JPEGErrorHandler/316

A Virxe portada por mariñeiros no día máis garnde do ano en Camariñas

Toda a Galicia mariñeira botouse aquel día ás rúas e, despois, ao mar. Entre elas, unha poboación das Rías Baixas que duplicaba en poboación e orzamentos a Camariñas, e en canto a turistas a quintuplicaba polo baixo. Seguramente tamén as súas festas do Carmen contarían cuns emolumentos moito máis elevados que os duramente procurados na Vila das Palilleiras durante meses e meses de traballo intensivo e agotador. As diferencias non acababan aquí: as festas remataban no sur o día 16 mentras que en Camariñas recén comenzaban, a súa procesión marítima arrancaba as seis da tarde e nas embarcación tan só subían os familiares e os estrictamente coñecidos, o programa da festa parecía estar pensado para acabar con ela e en canto a sesión vermouth, contaban algúns que ata ben chegados a época adulta non deron en saber o que era esa estrana ilación de palabras. A paixón, a tolería, a electricidade que preñaba o ambiente na súa vila natal dende días antes tampouco se vía por ningún lado e as xentes daquel lugar sureño tomábano todo cun xélido tono oficial: un par de recepcións oficiais, uns pinchos no Fogar do Xubilado, unha misa solemne, unha procesión deserta e listos. Máis que unha festa parecía un funeral.

Nada do anterior acontecía moito máis ao norte, na remota e illada Camariñas. Tras un ano de tensa, inacabable espera, seguramente a esas mesmas horas a serpente multicor da Danza de Arcos, os sons das gaitas, unha explosión sen precedentes de xúbilo colectivo adueñaríase das rúas e os camariñáns, poseídos por un fervor eléctrico, estarían perdendo literalmente os papeis no día máis importante do ano. Segundo ía pasando a mañán naquel paradisíaco verxel meridional facíase cada vez máis costa arriba pensar no que debía estar pasando en Camariñas a aquelas mesmas malditas horas e que un, por obrigas laborais, se estaba perdendo. Pouco a pouco polo facebook comenzábanse a filtrar fotos da tolería coral de todo un pobo, tomadas case todas a lomos das mesmas olas, e a desazón e saudade pola ocasión perdida chegaban a un punto de non retorno: optouse por apagar todo e perderse toda a tarde en compañía dun fiel canciño polo monte, lonxe do mar. Foi alí, baixo unha figheira famosa na que en tempos aparecera aforcado un representante do estamento eclesiástico, onde se xurou, nunca máis, baixo ningunha circunstancia, estar fóra de Camariñas un 16 de xullo.

P.D.: Adicada a todos os camariñáns da diáspora, aqueles que por vez primeira, ou por triste costume, por obriga laboral ou polo que sexa, non estiveron presentes este 16 de xullo no máis grande acontecemento que existe neste mundo.

{gallery}/phocagallery/camarinas/festas/2013/Festa-do-Carmen/16-xullo/Danza-de-Arcos{/gallery}

Comentarios   

Eu...Kiños
+6 # RE: Procesión da Festa do Carmen 2013Eu...Kiños 17/07/2013 17:16
Unha vez mais,grazas a camariñas.eu por achegarnos un pouco da nosa festa.
Por certo,alguen podriame dicir si se pode encargar o pañuelo da festa do carme??e que como os estou colecionando non me gustaria quedar si el.
Bo divertimento
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+5 # RE: Procesión da Festa do Carmen 2013Moncho de Dios 20/07/2013 18:32
Sin lugar a duda de ninguna clase ,los de la comision de fiestas trabajaron mucho y eso es importante,pero es mas cuando ademas lo hacen bien,mis felicitaciones y decirles que han dejado el pabellon muy alto.Enhorabuen a
Responder | Denunciar ante o administrador