- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 16 Xullo 2013 16 Xullo 2013

Pero si esto respecta ao engalanado marino, polo que respecta ao terrestre, este mesmo venres podíase ver polas rúas de Camariñas aos membros da Comisión de Festas colocando as omnipresentes e insustituibles bandeiritas ao longo de todo o entramado viario camariñán. Unha labor para a que se presentaron como voluntarios colaboradores os nosos amigos Juan O Farol e Rubén de Mary. Así que cando para o luns 20 bombas de palenque deron inicio oficial á máis grande festa do Arco Atlántico, Camariñas lucía fermosa como unha xoven noiva: inmaculada, radiante, virxinal. Ata aquí, gracias a Deus, chegamos. Unha edición máis da Festa do Carmen xa é unha realidade.