Anguriante imaxe de Anxo depois de ser brutalmente agredido pola Policía NacionalNon contentos con facernos pagar os impostos máis altos de Europa a cambio de nada, de impoñer de forma constante e ininiterrumpida novas subidas impositivas, de voltar a incrementar o precio da enerxía, os políticos que nos gobernan esixen silencio e respeto: acostumados dende sempre ás maiores tropelías e escándalos queren un pobo soberano postrado e humillado aos seus pes e cando un forte continxente de mariñeiros, se xuntan para protestar pola enésima tolería dos mandameses políticos que nos gobernan na Xunta de Galicia, mandan aos  seus batallóns policiais para que os protexan da temida masa a pau limpio. Incluso recurrindo a golpear salvaxemente a un rapaz menor de idade que non facía outra cousa que acompañar a seu pai nun acto no que este defendía o seu dereito a gañarse dignamente a vida.

Esto, que apeleen como a unha bestia a un fillo menor de idade diante do seu pai, non deixa de ser o signo dos tempos. Unha nación que se abate na cada vez máis crecente pobreza como consecuencia do saqueo (vía impostos) ou roubo xa directo duns políticos que mandan aos seus corpos de guardia a atallar pola vía expeditiva toda protesta social. Nesta ocasión foi en Santiago o luns 1 de xullo cando varios centenares de desesperados naseiros chegados de toda Galicia protestaban contra o último disparate evacuado dende os elegantes e enmoquetados despachos da Consellería de Pesca. Entre eles estaba o noso querido amigo o Jordo, patrón do Praia de Traba, que xunto ao seu fillo Anxo, se concentraba en San Caetano para protestar contra as draconianas medidas impostas a sangue e fogo pola Xunta na pesca do pulpo. Unha decisión que levantou tal clamor de indignación en toda Galicia que numerosos alcaldes tomaron partido e puxéronse ao carón dos seus mariñeiros, entre eles incluso algún do PP. Nada que ver por suposto ca posición do PP camariñán, sempre máis interesado en protexer ao seus amos do partido que aos seus veciños: aqueles pagan soldos (con cargo ao erario público) e reparten cargos e ao pobo, xa se sabe, que lle vaian dando. Neste caso paus a diestro e a siniestro contra un pequeno grupo de indefensos mariñeiros por parte dun batallón antidusturbios da Policía Nacional que máis parecían Robocops en movemento que outra cousa.

Vaia dende aquí, a nosa máis sinceira e indignada solidaridade co noso amigo o Jordo, o seu salvaxemente apaleado fillo Anxo, e toda a súa familia. Foi ver estas imaxes que agora reproducimos no facebook e fervernos a sangue. Sen embargo, no estado actual da situación, quizáis todos debamos ser conscientes do que se nos esixe: deslomarse a traballar,  pagar os impostos máis altos de Europa cos que manter a casta política máis numerosa e saqueadora do continente e calar. Porque si non os seus batallóns policiais xa nos farán calar a pau limpio.

Un pai desesperado e un fillo apaleado, as consecuencias de protestar as medidas da Xunta de Galicia

Comentarios   

estu
+7 # Manda Caralloestu 02/07/2013 09:28
Así vai España... Viva la democracia.
Responder | Denunciar ante o administrador
aPPesta a dictadura
+6 # RE: Brutalidade Policial contra un camariñánaPPesta a dictadura 02/07/2013 10:08
en fin eu xa hay tempo que vexo vir esto, non quero ser pesimista pero vamos levar moitos paus mais. eso si aquí os políticos tan no poder gracias a nos e a soberanía e do pobo
Responder | Denunciar ante o administrador
Eu...Kiños
0 # RE: Brutalidade Policial contra un camariñánEu...Kiños 02/07/2013 17:32
Un pobo democrata e un pobo onde os seus cidadans teñen o dereito a manifestarse,is o si,sempre pacificamente.E spaña dicese ser un pais democrata,onde os politicos demostran dia si e outro tamen que, ca sua indiferencia,co rrupcion,privil exios desmedidos mentres un vasto numero de persoas o estan a pasar tan mal e con isto por si non fora dabondo ainda se lles esixen mais angustias,cando hai unha monarquia que ningun cidadan tivo a oportunidade de otorgar a este pais si queremos darnos tal gusto.Precisame nte isto que esta a suceder en España non e o mellor concepto de democracia,ou iso creo eu,pero si algo de verdade queremos que cambie,hai que deixalo patente no dia das votacions,ben sexa cunha abstencion,voto en branco ou calqueira outra variante onde non sexamos pabulo de quen mostra non merecelo.E algo non doado si,pero cada vez parece sumarse mais xente a unha restruturacion do arcaico modelo politico actual español.
Responder | Denunciar ante o administrador