Aos seus 63 anos falecía este domingo 9 de xuño Manuel González Pérez O Rancho

Vaise outro home de mar dos de toda a vida, deses que contribuiron a esculpir a base de salitre o carácter único de Camariñas. Eran as sete e media da mañán deste domingo 9 de xuño de 2013 cando no Hospital antigamente coñecido como Juan Canalejo, na cidade da Coruña, falecía o noso gran amigo Manuel González Pérez, coñecido popularmente na Vila dos Encaixes dende que un ten uso de razón como "O Rancho". Facíao aos 63 anos acompañado da súa familia e a causa de complicacións graves de última hora na enfermidade que viña sufrindo nestes últimos tempos. Despois de toda unha vida faenando en distintas embarcacións do porto camariñán, duns anos a esta parte estaba O Rancho xubilado polo mar e así podíamos velo habitualmente ca súa esposa Maruja e algún dos seus catro netos, polos que literalmente toleaba, paseando en domingos e días festivos polo Paseo Marítimo camariñán, nunca lonxe dese mar ao que adicou toda a súa existencia e no que o podíamos ver e departir amigablemente con el non hai moito. Vaise polo tanto para gran desgracia de Camariñas outro dos seus lobos de mar. Actualmente os seus restos mortais están sendo velados na casa familiar da Rúa do Castillo dende a que este luns 10 de xuño ás 17:00 sairá a comitiva fúnebre cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo.  Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a súa esposa e fillos, María e Jose "O Rancho Jr", gran amigo e colaborador dende sempre desta redacción. Don Manuel González Pérez "O Rancho" Descanse En Paz e que Deus che teña na súa Gloria.

O noso querido amigo Rancho coa súa esposa maruja

Comentarios   

Eu...Kiños
+4 # RE: Manuel González Pérez "O Rancho" D.E.P.Eu...Kiños 09/06/2013 10:16
En nome da familia "Mindo",remito o meu sentido pesame xunto cunha agarimosa aperta a familia.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+6 # RE: Manuel González Pérez "O Rancho" D.E.P.Beldoña 09/06/2013 10:18
¡¡ descansa en paz, amigo !!
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
+4 # RE: Manuel González Pérez "O Rancho" D.E.P.corvo 09/06/2013 12:23
D.E.P. VESIÑO RANCHO, E PA FAMILIA AS NOSA CONDOLENSIAS , FAMILIA CORVO,CHAO ,RANCHO
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+3 # RE: Manuel González Pérez "O Rancho" D.E.P.diegoalfr 10/06/2013 18:22
Dende aquí quero expresar as miñas condolencias a toda a familia do noso querido amigo Rancho especialmente á súa dona Maruja e os seus fillos Jose e María. Descansa en Paz querido amigo.

Responder | Denunciar ante o administrador